Saltar ao contido

Willpower

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Willpower
Álbum de Today Is the Day
Publicado5 de setembro de 1994
Gravación1994
Estudio(s)White Room Studios, Detroit, Michigan
Duración29:36
Xénero(s)noise metal, post-hardcore, space rock, metal alternativo
Selo(s)Amphetamine Reptile Records
ProdutorSteve Austin
Cronoloxía
Supernova
(1993)
Willpower Today Is the Day
(1996)
Na rede
Discogs: 14970 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Willpower é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de noise rock Today Is the Day, publicado o 5 de setembro de 1994 a través do selo Amphetamine Reptile Records.[1] O disco foi gravado uns poucos meses despois de que o pai de Steve Austin, a quen non vía desde había meses, morrese nun violento accidente de tráfico. Unha versión remasterizada do álbum foi editada en 2007 pola nova discográfica SuperNova Records, e esta incluía o tema "Execution Style", unha rareza das sesións de Willpower que fora anteriormente editada no recompilatorio Dope-Guns-'N-Fucking in the Streets Volume Ten.

Unha actuación en directo que foi gravada durante a xira para promocionar Willpower foi lanzada como DVD a través de SuperNova, baixo o título de Willpower Live en 2007.

É o único álbum da banda que se gravou coa mesma formación que o anterior.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Steve Austin. 

N.º Título Duración
1. "Willpower"   3:34
2. "My First Knife"   2:57
3. "Nothing to Lose"   3:41
4. "Golden Calf"   3:53
5. "Sidewinder"   5:33
6. "Many Happy Returns"   2:33
7. "Simple Touch"   3:30
8. "Promised Land" (presenta unha versión non listada de "Amazing Grace") 4:42
Canción extra da CD remasterizado de 2007
N.º Título Duración
10. "Execution Style"   2:22
31:58
  1. "Today Is the Day". Trouser Press (en inglés). Consultado o 2024-10-13.