Winixiso de Spoleto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VIII |
Morte | 822 |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duke of Spoleto (en) (789–822) |
Winixiso ou Winichis (no latín da época Winigisus; morreu en 822) foi duque de Spoleto (dux Spolitanus) desde 789 ata a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Posibelmente era un franco do círculo de Carlomagno cando foi enviado no 788 para guiar a Hildeprando de Spoleto e a Grimoaldo III de Benevento en cooperación coas tropas francas contra a invasión bizantina.
Nesta primeira acción na que é mencionado tivo éxito, ao derrotar aos gregos guiados por Teodoro en Apulia. Hildeprando, con todo, morreu na campaña e Carlomagno designou a Winixiso para sucedelo no ducado de Spoleto.
Winixiso foi designado por Carlomagno para que actuase como un missus dominicus seu no Ducatus Romae e estaba na basílica de San Pedro cando o papa León III foi asaltado o 25 de abril de 799. Foi el quen o levou á protección de Spoleto ata que puido volver a salvo a Roma.
Winixiso viuse envolto nunha guerra con Grimoaldo III de Benevento, con todo, e foi capturado no cerco de Lucera en 802. Estivo prisioneiro por un ano ata que foi liberado en 803.[1]
Mentres León III estaba próximo á morte en 815, os cidadáns de Roma rebeláronse, pero o rei Bernaldo mandou a Winixiso a Roma para reprimir a desorde.
En 822, Winixiso abandonou as súas obrigas mundanas e retirouse a un mosteiro, onde morreu non moito tempo despois (probabelmente nese mesmo ano).[2] sucedeuno Suppón I, Brixiæ civitatis comes ("Conde da cidade de Brescia").[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hodgkin, VIII, 256. de acordo con Einhardo, Grimaldus Beneventanorum dux capturou Winigisum comitem Spoletii en Luceria e "tívo[o] en honorábel cativerio" ata o ano seguinte. Segundo os Annales Fuldenses, foi cercado e capturado por Grimoldo en 803.
- ↑ Hodgkin, VIII, 51. Einhardo.
- ↑ Anais reais francos e Einhardo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hodgkin, Thomas. Italy and her Invaders. Clarendon Press: 1895.
- Foundation for Medieval Genealogy: Northern Italy — Spoleto.