Grimoaldo III de Benevento
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VIII |
Morte | abril de 806 (Gregoriano) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Prince of Benevento (en) (788–806) |
Familia | Gausos |
Pais | Arechis II de Benevento e Adelperga da Lombardia |
Grimoaldo III (morto en 806) foi o príncipe de Benevento longobardo desde a morte do seu pai, o primeiro duque independente, Arechis II, en 787 ata a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era o segundo fillo. En 787, el e o seu irmán máis vello Romualdo foron enviados como reféns a Carlomagno que baixara á península italiana para conquistar o principado de Benevento. A cambio da paz, Arechis recoñeceu a soberanía de Carlomagno e entregou os seus fillos. Con todo, os de Benevento eran independentes de feito.
Grimoaldo volveu a Italia á morte do seu pai. De primeiras recoñeceu o poder franco, pero enfrontouse a unha invasión bizantina comandada por Adelchis, o fillo do derradeiro rei longobardo, Desiderio. Arechis II intentara reclamar o trono en 774, tras o desastre de Desiderio a mans de Carlomagno, pero abandonou a causa e, no seu canto, tomou o título de princeps. Adelchis pensou que tiña unha mellor pretensión para gobernar aos longobardos e consecuentemente reunir aliados gregos (inimigos dos francos) para retomar a única parte do territorio italiano que ficara independente. Un exército franco ás ordes de Winixiso e Hildeprando de Spoleto, uniuse a Grimoaldo e venceu a Adelchis na costa nada máis desembarcar.
Logo, Grimoaldo tentou desfacerse da soberanía franca, pero os fillos de Carlomagno, o rei Pipino de Italia e o seu irmán máis vello o rei Carlos o Novo, forzárono a se someter en 792. Con todo, Benevento estaba no camiño para a súa completa independencia e a autoridade carolinxia foi sempre leve.
Fontes
[editar | editar a fonte]- Gwatkin, H.M., Whitney, J.P. (ed) The Cambridge Medieval History: Volume II—The Rise of the Saracens and the Foundations of the Western Empire. Cambridge University Press, 1926.
- Oman, Charles. The Dark Ages 476-918. Londres, 1914.
- Hodgkin, Thomas. Italy and her Invaders. Clarendon Press: 1895.
Principado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: Arechis II de Benevento |
Grimoaldo III de Benevento | Precede a: Grimoaldo IV de Benevento |
- |