Winnie Harlow
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Chantelle Brown-Young ![]() 27 de xullo de 1994 ![]() Mississauga, Canadá ![]() |
Educación | Fletcher's Meadow Secondary School (en) ![]() ![]() |
Altura | 1,75 m ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Modelo |
Período de actividade | 2014 ![]() |
Familia | |
Parella | Kyle Kuzma (2020–) Wiz Khalifa (2018–2018) ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | officialwinnieharlow.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Winnie Harlow, nada como Chantelle Brown-Young en Toronto (Ontario) o 27 de xullo de 1994, é unha modelo canadense e portavoz das persoas con vitilixe. É máis coñecida por participar no programa de televisión estadounidense America's Next Top Model.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Winnie Harlow é de ascendencia xamaicana[1] e ten dúas irmás.[2] Á idade de catro anos diagnosticóuselle a alteración crónica da pel caracterizada pola despigmentación de porcións da pel. Winnie foi vítima da intimidación doutros nenos e, segundo informa, foi chamada «vaca, cebra e toda clase de insultos» ao longo da súa infancia.[1] O acoso verbal levouna a cambiarse de escola numerosas veces e abandonar a escola secundaria, despois do cal chegou a contemplar a posibilidade do suicidio.[1][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Percorrido como modelo
[editar | editar a fonte]Winnie foi descuberta pola presentadora de America's Next Top Model, Tyra Banks, en Instagram, e posteriormente converteuse nunha das catorce finalistas do ciclo 21 en 2014. Ela foi a primeira e única canadense que participou no concurso.[4] Foi eliminada na segunda semana e participou nunha competición separada chamada a «serie de regreso», onde continuou participando nas sesións de fotos do ciclo xunto cos outras concursantes eliminadas, co obxectivo de regresar á competición.[5] Despois de completar a «serie de regreso», revelouse que ela recibira a maior puntuación media de votos do público, polo que regresou.[6] Foi eliminada novamente no episodio 13, quedando no sexto posto en xeral.[6]

Tras a súa eliminación de America's Next Top Model, Harlow traballou para a marca de roupa española Desigual e converteuse na representante oficial da marca.[7][8] En setembro de 2014, camiñou e pechou para a marca de roupa Ashish para a súa colección primavera/verán 2015 na Semana da Moda de Londres.[9][10] Tamén traballou con revistas de moda como i-D e Dazed, e para a páxina web de moda Showstudio.com.[11] En 2015 colaborou coa marca de roupa italiana Diesel para a súa campaña primavera/verán 2015, que foi rodada polo fotógrafo de moda británico Nick Knight.[7][12] Posou para as edicións españolas e italianas da revista Glamour e apareceu na edición de agosto-setembro de 2015 da revista Complex.[13][14][15] Tamén foi presentada no número de agosto de 2015 de Cosmopolitan.[16] Apareceu na páxina web de Vogue Italia nunha entrevista e unha sesión fotográfica.[17] En agosto de 2015, Winnie apareceu na edición de setembro da revista Ebony, xunto á ex-concursante de America's Next Top Model, Fatima Siad.[18] En 2016, apareceu nun anuncio para Sprite, e tamén nunha campaña para Swarovski.[19][20] O mesmo ano, foi elixida como unha das 100 Mulleres da BBC.[21]
Oradora pública
[editar | editar a fonte]En xullo de 2011, Winnie publicou un vídeo de YouTube titulado Vitilixe: unha condición da pel, non un cambiador de vida, onde falou sobre a súa condición e respondeu a preguntas sobre a súa vida vivindo con vitilixe.[7] En novembro de 2014, nunha presentación en TED, deu un discurso sobre a súa experiencia de vivir con vitilixe.[3] En outubro de 2015, Harlow falou no panel Dove Self-Esteem Project no Cume Mundial de Mulleres 2015.[22] Entregóuselle o premio «Modelo a seguir» no evento de 2015 de GQ, Home do Ano.[23]
Outros traballos
[editar | editar a fonte]Harlow apareceu en varios vídeos musicais, incluíndo «The One» de JMSN, «Guts Over Fear» de Eminem e «#WHERESTHELOVE» de The Black Eyed Peas.
Ela foi un dos moitos cameos notables no «álbum visual» de Beyoncé, Lemonade.[24]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Notas |
---|---|---|
2014 | Access Hollywood | Episodio: «26 de xuño de 2014» |
America's Next Top Model | 6º posto no ciclo 21 | |
2015 | Prominent! | Episodio: «13 de febreiro de 2015» |
Primetime: What Would You Do | Episodio: «Venres 12 de xuño» |
Vídeos musicais
[editar | editar a fonte]Canción | Ano | Artista | Referencia(s) |
---|---|---|---|
«The One» | 2014 | JMSN | [25] |
«Guts Over Fear» | Eminem ft. Sia | [26] | |
«Lemonade» | 2016 | Beyoncé | [27] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "From Suicide Thoughts to America's Next Top Model Finalist". Gleaner Company.
- ↑ "Chantelle Winnie: ‘I’m proud of my skin’". ISSN 0261-3077.
- ↑ 3,0 3,1 "Chantelle Winnie: ‘I’m proud of my skin’".
- ↑ "Model with rare skin disease changing the face of fashion". New York Post.
- ↑ "'America's Next Top Model' cuts Chantelle Brown-Young from the competition". Reality TV World.
- ↑ 6,0 6,1 "'America's Next Top Model' eliminates Mirjana Puhar, welcomes back Chantelle Brown-Young". Reality TV World.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "Winnie Harlow: Canadian Model With Rare Skin Condition Lands 2 Major Campaigns". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ "Canadian Model With Skin Disorder Gets Another Sweet Gig".
- ↑ Theo. "Model Suffering from Vitiligo Scores Desigual Campaign". Fashion Model Directory.
- ↑ "Winnie Harlow - Model".
- ↑ Models. "Winnie Harlow". Models.
- ↑ "Winnie Harlow stars in Diesel’s new campaign". Dazed.
- ↑ "Vídeo: Winnie Harlow, el valor de ser diferente | Glamour". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ "Editorials. Chantelle Winnie. Glamour Italia June 2015. Images by Giovanni Gastel. | SUPERSELECTED - Black Fashion Magazine Black Models Black Contemporary Artists Art Black Musicians".
- ↑ Karizza Sanchez. "Model Winnie Harlow Talks Drake, Vitiligo, and Embracing Your Own Skin | Complex UK". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ "Model Chantelle Winnie Remembers Getting Beat Up Because of Her Vitiligo".
- ↑ Lucia D'Angelo. "Chantelle Winnie". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2017. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ "Ebony Magazine September 2015 Pays Homage To Female Black Models". Ebony. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2015. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ "YouTube". YouTube.
- ↑ "SWAROVSKI – Introducing the ”Swarovski Crystaldust Crew“ with Winnie Harlow". YouTube.
- ↑ "BBC 100 Women 2016: Who is on the list? - BBC News".
- ↑ "Model Winnie Harlow gives empowering talk at Women in the World event".
- ↑ "GQ Men of the Year 2015". Metro.
- ↑ "Winnie Harlow, Beyonce Lemonade Model with Vitiligo". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ Spice TV. "VITILIGO MODEL CHANTELLE BROWN YOUNG STARS IN MUSIC VIDEO FOR JMSN". Spice. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ "Watch Eminem Get in the Ring for 'Guts Over Fear' Video".
- ↑ "How Winnie Harlow Went from America's Next Top Model to Beyoncé's "Lemonade"". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Winnie Harlow ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Winnie Harlow en Internet Movie Database (en inglés)
- Winnie Harlow en Models.com
- Sitio web oficial
- Winnie Harlow en Instagram