Saltar ao contido

Wiretap Scars

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wiretap Scars
Álbum de Sparta
Publicado13 de agosto de 2002
Gravaciónxaneiro - marzo de 2002
Estudio(s)Armoury, Vancouver
House of Blues, Encino
Cherokee, Hollywood
Duración45:38
Xénero(s)rock alternativo, post-hardcore
Selo(s)DreamWorks Records
ProdutorJerry Finn
Cronoloxía
Austere
(2002)
Wiretap Scars Porcelain
(2004)
Na rede
Spotify: 2Lg6QTklBKk6eIJs5onQQl Discogs: 158153 Allmusic: mw0000227165 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Wiretap Scars é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de post-hardcore Sparta, publicado o 13 de agosto de 2002 a través do selo DreamWorks Records. O disco chegou ao número 71 da lista estadounidense Billboard 200,[1] e lanzouse tan só cinco meses despois do seu EP de estrea, Austere. O álbum está moi influenciado pola música de At the Drive-In, banda na que tocaron a meirande parte dos membros de Sparta antes da súa separación en 2001.

As voces e o nome dos temas reflicten en particular os de Relationship of Command de At the Drive-In, o último álbum lanzado polo grupo. Isto contrasta coa música de The Mars Volta, formado por outros dous membros de AtDI (Omar e Cedric), que se afasta completamente do xénero do post-hardcore.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Sparta. 

N.º Título Duración
1. "Cut Your Ribbon"   3:04
2. "Air"   3:57
3. "Mye"   3:39
4. "Collapse"   4:16
5. "Sans Cosm"   3:59
6. "Light Burns Clear"   4:24
7. "Cataract"   5:11
8. "Red Alibi"   3:42
9. "℞ Coup"   3:14
10. "Glasshouse Tarot"   5:13
11. "Echodyne Harmonic"   3:57
12. "Assemble the Empire"   3:02
Cancións extra no Xapón
N.º Título Duración
13. "Vacant Skies"   3:55
14. "Echodyne Harmonic (de-mix)"    
Canción extra no Reino Unido
N.º Título Duración
13. "Vacant Skies"   3:55
  1. Cabison, Rosalie (2013-01-02). "Billboard 200". Billboard (en inglés). Consultado o 2022-11-05.