Saltar ao contido

Wounded Knee, Dacota do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaWounded Knee, Dacota do Sur
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°08′38″N 102°22′04″O / 43.1439, -102.3678
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoDacota do Sur
Condadocondado de Oglala Lakota Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación364 (2020) Editar o valor en Wikidata (131,33 hab./km²)
Número de fogares90 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie2,771664 km² Editar o valor en Wikidata
Auga0 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude986 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal57794 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Wounded Knee (en lakota: Čaŋkpé Opí)[1] é un lugar designado polo censo que se atopa na reserva india de Pine Ridge, no condado de Oglala Lakota Condado, Dacota do Sur, nos Estados Unidos. Segundo o censo de 2020 a súa poboación era de 364 persoas.[2]

A vila recibe o seu nome do regato Wounded Knee que discorre pola rexión.[3] Os ósos e o corazón do xefe síux Cabalo Tolo foron enterrados ao longo deste regato pola súa familia despois da súa morte en 1877. A vila atópase dentro da reserva india de Pine Ridge, territorio dos oglala lakota (síux).

O 29 de decembro de 1890, na mesma zona, produciuse o coñecido como masacre de Wounded Knee, no cal o 7º Rexemento de Cabalaría dos Estados Unidos matou máis de 300 homes, mulleres e nenos lakota que estaban a ser trasladados á reserva india de Pine Ridge.

O 27 de febreiro de 1973, durante a ocupación de Wounded Knee, o American Indian Movement (AIM) ocupou a reserva india de Pine Ridge preto de Wounded Knee en protesta contra o goberno federal e as súas políticas relacionadas co nativos americanos. Produciuse un enfrontamento de 71 días entre as autoridades federais e o AIM. Os membros do grupo rendéronse o 8 de maio.

  1. Ullrich, Jan F. (2014). New Lakota Dictionary (2nd ed.). Bloomington, IN: Lakota Language Consortium. ISBN 978-0-9761082-9-0. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2016. Consultado o 22 de novembro de 2024. 
  2. "U.S. Census Bureau: Wounded Knee CDP, South Dakota". www.census.gov (en inglés). United States Census Bureau. Consultado o 28 de maio de 2022. 
  3. Federal Writers' Project (1940). South Dakota place-names, v.1-3. American guide series. University of South Dakota. p. 69.