Wowee Zowee
Wowee Zowee | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Pavement | ||||
Publicado | 11 de abril de 1995 | |||
Gravación | novembro de 1994 | |||
Estudio(s) | Easley Recording Studios, Memphis, Tennessee | |||
Duración | 55:51 | |||
Xénero(s) | indie rock | |||
Selo(s) | Matador/Warner Bros. Records | |||
Produtor | Pavement | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Wowee Zowee é o terceiro álbum da banda estadounidense de rock alternativo Pavement, publicado o 11 de abril de 1995 a través do selo Matador Records.[1] O disco amosa un lado máis experimental e espontáneo do grupo, volvendo ao ruído e imprevisibilidade das súas primeiras gravacións despois do son máis tradicional do Crooked Rain, Crooked Rain de 1994. A súa natureza ecléctica vai dende melodías suaves aínda que distorsionadas ata o noise e o punk rock, mentres que as letras exploran polo xeral temas humorísticos e crípticos. Con preto dunha hora de duración, Wowee Zowee é o álbum de estudio máis longo de Pavement, enchendo tres caras dun disco de vinilo. A cuarta cara está en branco.[2]
Despois do seu lanzamento, Wowee Zowee tivo recensións variadas dos críticos, sendo xeralmente considerado un traballo descoidado en comparación co seu aclamado predecesor. Porén. algúns críticos destacaron o seu estilo aventureiro e o lirismo de Stephen Malkmus. Dous temas do álbum, "Rattled by the Rush" e "Father to a Sister of Thought", publicáronse como sinxelos en 1995, pero ningún deles tivo éxito.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Stephen Malkmus agás onde se indique.
N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "We Dance" | 3:01 | |
2. | "Rattled by the Rush" | 4:16 | |
3. | "Black Out" | 2:10 | |
4. | "Brinx Job" | 1:31 | |
5. | "Grounded" | 4:14 | |
6. | "Serpentine Pad" | 1:16 | |
7. | "Motion Suggests" (titulada "Motion Suggests Itself" en Wowee Zowee: Sordid Sentinels Edition) | 3:15 | |
8. | "Father to a Sister of Thought" | 3:30 | |
9. | "Extradition" | 2:12 | |
10. | "Best Friend's Arm" | 2:19 | |
11. | "Grave Architecture" | 4:16 | |
12. | "AT&T" | 3:32 | |
13. | "Flux = Rad" | 1:45 | |
14. | "Fight This Generation" | 4:22 | |
15. | "Kennel District" | Scott Kannberg | 2:59 |
16. | "Pueblo" | 3:25 | |
17. | "Half a Canyon" | 6:10 | |
18. | "Western Homes" | Scott Kannberg | 1:49 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Wowee Zowee, by Pavement". Pavement (en inglés). Consultado o 2023-04-11.
- ↑ "Pavement - Wowee Zowee" (en castelán). Consultado o 2023-04-11.