Xabier Quiroga
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1961 (63 anos) O Saviñao, España |
Formación profesional | Filoloxía galega |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura galega e belas letras |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | escritor, profesor universitario |
Xénero artístico | Narrativa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Carlos Quiroga |
Premios | |
| |
Xabier Quiroga Díaz, nado no Saviñao o 9 de maio de 1961, é un escritor galego, irmán do tamén escritor Carlos Quiroga.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía galega, é profesor de lingua e literatura galega no IES Laxeiro de Lalín. Colaborou na revista O Mono da Tinta que dirixía o seu irmán Carlos Quiroga e tamén na sección local do Faro de Vigo de Lalín. A súa primeira novela, Atuado na Braña, foi finalista do Premio Xerais en 2001.
O baile dos estorniños (Xerais, 2021), tendo en común con O Cabo do Mundo e Izan o da saca a investigación histórica e a presenza do personaxe Reina, culminou a súa Triloxía da Ribeira Sacra.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Atuado na braña (2002). Vigo: Xerais. 632 páxs. ISBN 978-84-8302-770-7 (2ª ed.). ePub: ISBN: 978-84-9914-596-9.
- Era por setembro (2004). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-9782-232-9 (7ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9914-727-7.
- Se buscabas un deus (2006). Vigo: Xerais. 496 páxs. ISBN 978-84-9782-456-9.
- O Cabo do mundo (2009). Vigo: Xerais. Foi traducida ao castelán.[3] 328 páxs. ISBN (5ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9914-613-3.
- Zapatillas rotas (2014). Vigo: Xerais. 400 páxs. ISBN 978-84-9914-700-0 (4ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9914-726-0.
- Izan o da saca (2015). Vigo: Xerais. Foi traducida ao castelán.[4] 384 páxs. ISBN 978-84-9914-940-0 (6ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9914-947-9.
- O baile dos estorniños (2021). Vigo: Xerais. 800 páxs. ISBN 978-84-9121-913-2. ePub: ISBN 978-84-9121-917-0.[5]
- Coa man esquerda (2023). Vigo: Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-8487-617-5. ePub: ISBN 978-84-1110-319-0.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Losada Diéguez no 2003, por Atuado na Braña. En 2001 esta obra fora finalista do Premio Xerais e Finalista Premio Novela Europea Casino de Santiago, 2002.
- Premio da Crítica de narrativa galega no 2009, por O Cabo do mundo.
- Premio da Crítica de narrativa galega no 2014, por Zapatillas rotas.
- Premio San Clemente de narrativa galega no 2017, por Izan o da saca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xabier Quiroga". Anika Entre Libros (en castelán). Consultado o 2021-06-14.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-06-14.
- ↑ "El cabo del mundo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "La casa del nazi". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-06-14.