Saltar ao contido

Xacoba de Cisneros de Castro e de Puga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXacoba Cisneros de Puga

Pazo de Ximonde
Biografía
Nacemento(gl) Xacoba de Cisneros de Castro e de Puga Editar o valor en Wikidata
1813 Editar o valor en Wikidata
Vedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de abril de 1860
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloIII Condesa de Ximonde (ou Gimonde)[1]
Fillosnon tivo fillos supérstites Editar o valor en Wikidata
PaisPedro Cisneros de Castro Editar o valor en Wikidata  e Agostiña de Puga e Araúxo Editar o valor en Wikidata


Xacoba de Cisneros de Castro e de Puga, tamén coñecida como Xacoba Cisneros de Puga e Condesa de Ximonde, nada en San Miguel de Sarandón (Vedra) o 7 de xaneiro de 1813 e finada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1860, foi unha aristócrata galega do século XIX.

Foi moi coñecida na época por apoiar fervorosamente a causa carlista, e por ser, como o seu pai, mecenas das artes e as letras en Santiago.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xacoba Cisneros de Puga naceu no Pazo de Ximonde, filla do II Conde de Ximonde, Pedro Cisneros de Castro e de Agostiña de Puga e Araúxo. Casou con Xosé María Bermúdez Acevedo e, aínda que tivo fillos, ningún deles sobreviviuna. A Condesa de Ximonde e o seu esposo, que era o Señor de Ramiráns e Vilardefrancos, así como rexedor perpetuo de Ferrol, foron fervorosos partidarios do carlismo galego.

Xosé María tratou de organizar as milicias galegas para proclamar o infante Carlos María Isidro de Borbón, o irmán de Fernando VII, como rei de España, en detrimento da súa sobriña a raíña Isabel II. Amais, foi o presidente da Xunta Superior que constituíron os carlistas na Coruña ao comezo da primeira guerra carlista, para dirixir as milicias galegas.

Pola súa parte, a Condesa de Ximonde financiaba a causa. E, segundo algúns autores, escondía armas nos colchóns que lles enviaba aos milicianos carlistas e confeccionaba pezas de roupa para os facciosos, até o punto de que se di que foi a inventora da boina vermella que, segundo a tradición, procede de Galicia.[3][4]

Xacoba Cisneros de Puga viviu en Santiago de Compostela no seu pazo da rúa do Preguntoiro, coñecido como Pazo de Ramirás (e que desde 2011 alberga o Auditorio de Novacaixagalicia),[5] onde faleceu o 9 de abril de 1860, aos 47 anos de idade, sen deixar descendentes vivos.

Ao falecer a condesa sen descendencia, os seus títulos nobiliarios extinguíronse. Os seus bens mobiliarios e inmobiliarios deixounos, en gran parte, ao seu curmán segundo o coronel Manuel María Puga Feijoo.[6] Este feito tivo grande influencia nas relacións de poder na Galicia da época, dado o peso que a familia Cisneros tiña na política da rexión.

Os membros da rama principal dos Cisneros, que era a que ostentaba o título real de condes de Ximonde, exerceron durante varias xeracións o cargo de rexedor perpetuo da cidade de Santiago de Compostela. Pero esta rama familiar extinguiuse coa morte da Condesa, polo que o seu herdeiro, Puga Feixóo, recibiu canda as súas propiedades gran parte do poder político que os Condes ostentaban.

O seu fillo Luciano Puga Blanco foi alcalde de Santiago de Compostela, deputado en tres ocasións e senador en dúas, apoiando ao Partido Conservador de Antonio Cánovas del Castillo durante a Restauración Borbónica.

  1. Na grafía histórica.
  2. Manuel Blanco Rey (1999): "D. Luciano Mª Puga Blanco (1842–1899): un personaje rescatado del olvido". Betanzos: Anuario Brigantino.
  3. Xosé Ramón Barreiro (2008): O carlismo galego. Santiago: Editorial Laiovento. ISBN 978-84-8487-143-9.
  4. Sinopse Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. polo autor.
  5. "Auditorio Novacaixagalicia.". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2014. Consultado o 30 de abril de 2014. 
  6. Héitor Picallo Fuentes (2004): Casa de Maíndo (A Estrada, Pontevedra): Espazo xeográfico, humano e histórico no dominio do Condado de Ximonde. Documento 7. Testamento de D. Xacoba Cisneros de Puga, III condesa de Ximonde e Vizcondesa de Soar, pp. 219-225.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]