Xaquín López García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) Chantada, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, correspondente |
Empregador | Televisión Española |
Xaquín López García, nado en Chantada en 1962, é un xornalista galego, especialmente dedicado aos informativos en televisión.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1986 comezou a traballar como bolseiro no centro territorial de TVE en Galicia. Tres anos máis tarde incorporouse ao servizo de RNE en Lugo, onde permaneceu tres anos antes de mudarse ao mesmo posto pero nos servizos centrais en Santiago de Compostela (1992-1997).
En 1997 mudou de medio (a radio pola televisión) ao trasladarse a Madrid, onde formou parte do equipo fundacional da redacción do canal 24 Horas de TVE. Durante as décadas seguintes seguiu vinculado a TVE, alternando distintos roles pero sempre en informativos: La 2 Noticias (1998), redacción central dos Servizos Informativos de TVE (2000) e distintos postos de correspondente en Caxemira, Xapón, ou principalmente África. Os traballos informativos de López sobre o continente africano traducíronse tamén en produtos documentais, como "A golpe de trinchera"[2][3], un documental codirixido con Sonsoles Meana en 2020, e onde narra a presenza de Boko Haram en Maiduguri (Nixeria), e que foi seleccionado no Festival de Cine e Dereitos Humanos de Barcelona[4].
Outro dos temas investigados por López foi o narcotráfico galego e, en especial, a figura de Sito Miñanco. Nunha das súas reportaxes destapou unha liña de corrupción no cárcere de Huelva que proporcionaba tratos favorables, incluídos permisos, a determinados reclusos, entre eles Miñanco. Como consecuencia da reportaxe, o director da prisión (Francisco Sanz) foi cesado e Miñanco trasladado ao penal de Alxeciras[5]. Miñanco á súa vez denunciou a López: en 2015 querelouse por calumnias por unha reportaxe sobre branqueo de capital procedente do narcotráfico, que foi arquivada pola Audiencia Provincial de Madrid, e en 2018, demandouno por inxurias, demanda que foi rexeitada no xulgado 29 de Madrid, e desestimada a apelación de Miñanco de novo pola sección 2ª dese Tribunal[6].
En paralelo á súa carreira como xornalista desde 2002 foi profesor do mestrado de Xormalismo en Televisión da Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid.[7]
Obra
[editar | editar a fonte]- "Las fronteras se cruzan de noche" (Akal, 2008), que naceu dun traballo de investigación sobre as mafias que trafican con nenos para traballo. López infiltrouse nunha mafia beninesa que secuestraba ou mercáballes directamente aos pais[8], nenos para vendelos logo nas plantacións de cacao en Costa do Marfil, e mais nunha mafia nixeriana, que os vendía para as canteiras de Abeokuta. Premio Infancia y Periodismo.
- El cambiazo ¿De quién es el misterioso boleto millonario? (2023). Ediciones B. 256 páxs. ISBN 9788466677905. Trata o célebre caso do boleto da Primitiva premiado con 4,7 millóns de euros que foi reclamado por máis de trescentas persoas.[9]
Premios e mencións
[editar | editar a fonte]- Premio do Club Español de la Energía polas súas reportaxes sobre medio ambiente.
- Premio Infancia y Periodismo (2007).
- Finalista do premio á Mellor reportaxe (2007) no Festival de Televisión de Montecarlo, por unha reportaxe sobre o pesqueiro Francisco y Catalina, matriculado en Cartaxena e coa metade da tripulación de Muxía, retido nas costas de Malta con 51 migrantes eritreos a bordo.
- Premio Nacional da Fundación da Policía en 2018[10] pola reportaxe 'Narco de por vida', sobre Sito Miñanco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xaquín López García Penguin Libros". PenguinLibros. Consultado o 2023-12-11.
- ↑ "A GOLPE DE TRINCHERA Promofest.org". www.promofest.org (en castelán). 2020-06-19. Consultado o 2023-12-11.
- ↑ OIET, Publicado por (2020-04-27). "“Boko Haram empezó siendo un fenómeno apadrinado por el fanatismo religioso, pero ahora entronca con la esencia de los problemas endémicos de Nigeria”". Observatorio internacional de estudios sobre terrorismo (en castelán). Consultado o 2023-12-11.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 05 de xullo de 2021.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2019-02-20). "¿Por qué estoy en la diana de Sito Miñanco?". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-12-11.
- ↑ "Archivan la segunda querella de Sito Miñanco contra el periodista de TVE". apmadrid.es.
- ↑ RTVE. "Xaquín López García". Máster en Periodismo de Televisión (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2021. Consultado o 2023-12-11.
- ↑ "Xaquín López aborda el tráfico de niños esclavos en su nueva publicación". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-12-11.
- ↑ "Xaquín López, autor de «El cambiazo»: «Lo del boleto de A Coruña pudo pasar en cualquier ciudad de España»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-11-08. Consultado o 2023-12-11.
- ↑ "Informe Semanal: Narco de por vida RTVE Play" (en castelán). 2018-02-17. Consultado o 2023-12-11.