Xavier Vence
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1961 (63 anos) Rodeiro, España |
Voceiro nacional do BNG | |
2013 – 2015 ← Guillerme Vázquez – Ana Pontón → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | economista, profesor universitario, político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Alba Nogueira |
Irmáns | José Benito Vence Deza |
Páxina web | xaviervence.blogspot.com |
Xavier Vence Deza, nado en Álceme (Rodeiro) o 19 de xaneiro de 1961, é un economista, escritor e político galego, portavoz nacional do BNG desde o 17 de marzo de 2013 ao 28 de febreiro de 2016. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012 [1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, foi director do IDEGA entre 1991-95. Profesor convidado por diferentes universidades estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da Universidade de Santiago e da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos.
Coordina a Rede REPENSeI (Regulación, Estratexias e Políticas para a Emerxencia de Novos Sectores Innovadores), e é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro, así como do consello científico da Revista Galega de Economía e da Revista Principios. Colaborador habitual da revista Tempos Novos e noutros medios como a Radio Galega, Xornal de Galicia ou Sermos Galiza.
Na XIV Asemblea Nacional, celebrada o 17 de marzo de 2013, foi nomeado portavoz nacional do BNG[2]. Cesou no cargo na XV Asemblea Nacional celebrada na Coruña o 28 de febreiro de 2016.
Predecesor: Guillerme Vázquez |
Portavoz Nacional do BNG 2013 – 2015 |
Sucesor: Ana Pontón |
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Capitalismo e desemprego en Galicia, 1986, Xerais.
- Innovación e cambio tecnolóxico na industria, 1992.
- O fracaso neoliberal na Galiza, 2005, A Nosa Terra.
- Salarios e custo da vida, 2005.
- Demanda de solo productivo en Galiza, 2007.
- A situación actual do sistema galego de innovación, 2007.
- Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas, 2011, Laiovento.
- Crise e fracaso da Unión Europea neoliberal. Unha alternativa soberanista e democrática, 2013, Fundación Galiza Sempre.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Informe sobre a pobreza en Galicia, 1995, Xunta de Galicia.
- Industria e innovación. O sistema de innovación e a política tecnolóxica de Galicia, 1998, Xerais.
- Galicia. Unha luz no Atlántico, 2001, Xerais.
- Tempos de sermos, 2003, Universidade de Vigo.
- 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
- O nacionalismo e a Unión Europea, en A ollada exterior do nacionalismo galego, 2011, Fundación Galiza Sempre.
- Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza, 2015, Galaxia.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Economía de la innovación y del cambio tecnológico, 1995, Siglo XXI, Madrid.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Política tecnológica comunitaria y cohesión regional, 1998, Civitas.
- La Unión Europea y crisis del estado de bienestar, 1998, Síntesis. Con Xosé Luis Outes Ruso.
- Sistemas regionales de innovación, 2001.
- Innovación en la sociedad del conocimiento, 2005.
- Radiografía de la investigación pública en España, 2006.
- Tecnología, conocimiento y territorio, 2006.
- Crecimiento y políticas de innovación, 2007.
- Construir el futuro de la Universidad Pública, 2010.
Obra en inglés
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Wealth from diversity, 1996, Kluwer.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Integration and global corporate strategies, 2001, Routledge.
- Global and national cooperation in service innovation, en The handbook of innovation and services, 2010.
Obra en francés
[editar | editar a fonte]Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- L’emploi en Espagne, 1991.
- Innovations, territoires et politiques publiques, 1996, L’Harmatan.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xavier Vence |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballa, Xan (2014). Temos dereito a un futuro distinto. Conversas con Xavier Vence. Engaiolarte Edicións.