Xan Carballa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (63/64 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Xan Manuel Carballa Alonso, nado en Vigo en 1960, é un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que nado en Vigo en 1960 estudou maxisterio en Ourense.[1] É autor dunha importante coleccións de fotografías do nacionalismo na Transición e ten catalogado un amplo arquivo de imaxes propias. Formou parte do grupo fundador do Obradoiro Galego de Audiovisuais. Comezou a colaborar como fotógrafo en A Nosa Terra a finais de 1977,[2] incorporándose á redacción, como xornalista, en 1982. E 1984 cubriu o regreso a Galiza dos restos de Castelao.[3] Entre 1984 e 1996 coordinou os suplementos monográficos A Nosa Cultura, dedicados aos principais autores da literatura galega, e a colección A Nosa Historia. Posteriormente foi director de Edicións A Nosa Terra (2004-2006) e subdirector do semanario entre 2007 e 2010.[4]
Formou parte da Comisión de Comunicación do Consello da Cultura de 1990 a 2000 e da Comisión Técnica de Novos Medios da mesma institución. Participou regularmente no programa da Televisión Galega “Hai debate” (2005-2009) e foi colaborador habitual do suplemento de cultura Luces que se publicaba semanalmente na edición galega do diario El País.[5] Tamén é editor en Engaiolarte.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Biografía de Valentín Paz-Andrade (2012). Vigo: Galaxia. 192 páxs. ISBN 978-84-9865-411-0.[6]
- Temos dereito a un futuro distinto. Conversas con Xavier Vence. (2014). Engaiolarte Edicións. 218 páxs. ISBN 9788494238840.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Antoloxía, de Valentín Paz-Andrade (2012). Vigo: Galaxia. 168 páxs. ISBN 978-84-9865-418-9.[7]
Obras en colaboración
[editar | editar a fonte]- Conversas con Francisco Carballo (2002). Vigo: A Nosa Terra. Con Santiago Prol. 212 páxs. ISBN 9788496202412.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Veiga Taboada, Manuel (2022-04-07). "Xan Carballa: “Esa idea de que o nacionalismo ten que ser de esquerdas paréceme demasiado simple. O que ten que ser é demócrata”". BiosBardia. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2022. Consultado o 2022-04-10.
- ↑ "Xan Carballa". A Nosa Terra. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2022. Consultado o 2022-04-10.
- ↑ "Castelao. O retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa Fotografias". Museo de Pontevedra. Consultado o 2024-04-11.
- ↑ "Xan Carballa". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-04-10.
- ↑ "Artículos escritos por Xan Carballa". El País (en castelán). Consultado o 2022-04-10.
- ↑ "Biografía de Valentín Paz-Andrade Galaxia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-04-10.
- ↑ "Valentín Paz-Andrade. Antoloxía Galaxia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-04-10.