Saltar ao contido

Francisco Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Carballo Carballo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1925 Editar o valor en Wikidata
Maceda, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de novembro de 2014 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalTeoloxía e Historia
Actividade
Ocupaciónescritor, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
Premios

BNE: XX877186 AELG: 177 BUSC: carballo-francisco-1925-2014 Dialnet: 3933166

Francisco Carballo Carballo, nado en Celeirón (Asadur, Maceda) o 8 de marzo de 1925 e finado en Salamanca o 29 de novembro de 2014, foi un escritor, sacerdote e teólogo galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No ano 1941 marchou a Madrid para ingresar como novizo nos Paúles. Estudou Teoloxía e Historia (licenciado en 1954) en Madrid. Foi director do colexio San Narciso de Marín (1954-1958) e noutro de Barakaldo (1958-1965). Foi profesor da Igrexa no teologado San Vicente de Paúl de Salamanca, e o seu reitor (1965-1971), e no Instituto Teolóxico Gaudium et Spes (1965-1973). En 1973 trasladouse a Vigo como profesor da Escola Universitaria de Maxisterio.

Foi un dos fundadores do semanario A Nosa Terra en 1977 e un colaborador constante. Ten colaboracións n'A Trabe de Ouro e Encrucillada.

Presentouse como candidato ao senado polo BNPG nas eleccións de 1979. En 1981 foi condenado a seis meses e un día de prisión menor e a 20.000 pesetas de multa por calumnias á policía no libro Historia de Galicia, editado en 1979 pola Asemblea Nacional-Popular Galega.[2].

Desde que se xubilou viviu no Morrazo. Finou en Salamanca o 29 de novembro de 2014.[3]

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Libro de conversas

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Historia de Galicia, 1979, Frente Cultural da ANPG.
  • Castelao contra a manipulación, 1984, Xistral.
  • A nosa literatura, 1988.
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990.
  • Historia de Galicia, 1992, A Nosa Terra.
  • O mundo desde aquí, 1993, IGADI.
  • Historia Xeral de Galicia, 1997, A Nosa Terra.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
  • Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70, 2009, Fundación Bautista Álvarez.
  • Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez.

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  • El santuario del monte Medo, 1963.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]