Xavier Vinader
Vinader no 2012. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1947 Sabadell, Cataluña |
Morte | 9 de abril de 2015 (68 anos) Barcelona, Cataluña |
Causa da morte | pneumonía |
Presidente Reporteiros Sen Fronteiras | |
1990 – 1993 | |
Datos persoais | |
Residencia | Sabadell |
Educación | Escola Oficial de Xornalismo |
Actividade | |
Ocupación | Xornalista |
Empregador | COM Ràdio (en) (2003–2003) Interviú (pt) (1978–1998) El Correo Catalán (pt) (1975–1975) El Temps |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
Xavier Vinader Sánchez, nado en Sabadell o 17 de febreiro de 1947, e finado en Barcelona o 9 de abril de 2015,[1] foi un xornalista catalán experto en extrema dereita e crime organizado,[2] e que destacou pola loita pola liberdade de expresión.[3]
Biografía
[editar | editar a fonte]Diplomouse na Escola Oficial de Xornalismo no ano 1973, e colaborou co Diari Sabadell, coa Radio Juventud de Sabadell e coas revistas Can Oriach e TS.[4] Foi membro do equipo directivo do grup Zeta dende 1978. Foi presidente internacional da ONG Reporteiros sen Fronteiras até 1993. Foi un dos profesionais que máis investigou o fenómeno terrorista en España. En 1979, escribiu dous artigos na revista Interviú, nos cales explicou, detallando nomes e apelidos, as actuacións de grupos de extrema dereita no País Vasco. Pouco despois, ETA acabou con dous individuos mencionados nos artigos e, en 1981, a Audiencia Nacional de España condenouno a sete anos de prisión por un suposto delito de imprudencia temeraria. Vinader fuxiu ó exilio e non regresou a Cataluña até o 1984. Despois de pasar tres meses no cárcere de Carabanchel, foi indultado polo goberno español.
Como xornalista cubriu, entre outras, a guerra de Afganistán, a Revolución dos caraveis en Portugal e a fin da guerra entre Rusia e a China. É autor de libros e artigos sobre o mundo policial. Colaborou en diferentes diarios e semanarios.
Obras
[editar | editar a fonte]- Sabadell, febrero de 1976: una semana de huelga general política[4]
- Operación lobo: memorias de un infiltrado en ETA (1999)[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morre o xornalista Xavier Vinader ós 68 anos
- ↑ Cardús i Cardellach, Pere (27 de febreiro de 2012). VilaWeb, ed. "Xavier Vinader: 'L'extrema dreta arriba allà on la gent d'uniforme no pot arribar'". Consultado o 27 de marzo de 2012.
- ↑ Es redueixen a un terç les Creus de Sant Jordi del 2007 Arquivado 24 de outubro de 2017 en Wayback Machine. en Directe.cat, 13 de xuño de 2007
- ↑ 4,0 4,1 La Xarxa (ed.). "Xavier Vinader, medalla de Sabadell al Mèrit Periodístic". Consultado o 9 de abril de 2015.
- ↑ Operación lobo: memorias de un infiltrado en ETA Arquivado 10 de novembro de 2013 en Wayback Machine. a Bookfinder.com