Xermán Ancochea Quevedo
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1908 ![]() Córdoba, Arxentina ![]() |
Morte | 12 de marzo de 1981 ![]() Madrid, España ![]() |
Catedrático de universidade | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Central Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Director de tese | José Gabriel Álvarez Ude (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | matemático, profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Norberto Cuesta Dutari (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Xermán Ancochea Quevedo, nado en Córdoba (Arxentina) o 6 de maio de 1908[1] e finado en Madrid o 12 de marzo de 1981, foi un matemático galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no seo dunha familia de emigrantes galegos na Arxentina, regresou, despois do falecemento de seu pai, para A Pobra de Trives, onde súa nai nacera.
Cursou a súa formación académica no Colexio Santa Leonor da vila e no instituto de Ourense. Despois de pasar os anos da súa xuventude na vila trivesa, seguiu estudando na Universidade Central de Madrid, onde obtivo varios premios extraordinarios grazas a estudos de Ciencias Exactas.
Entre 1931 e 1936 foi profesor auxiliar de Xeometría na Universidade de Madrid.
Casou con Guadalupe Blanco. Faleceu o 12 de marzo de 1981 en Madrid, con 72 anos de idade.[2]
Cátedras
[editar | editar a fonte]A súa primeira cátedra obtena no 1936 na Universidade de La Laguna (Tenerife), onde impartiu xeometría analítica. Neste mesmo ano, conseguiu a cátedra de análise matemática na Universidade de Salamanca. En 1947, na Universidade Complutense de Madrid, logrou a cátedra de xeometría descritiva. Neste intre, comezou a formar parte, ata a fin dos seus días laborais, do Departamento de Xeometría e Topoloxía da Facultade de Ciencias Matemáticas. Foi nese ano cando deu conferencias nas Universidades Princeton e Urbana dos Estados Unidos de América. Entre 1959 e 1960 foi catedrático na Universidade de Caracas.
En 1958 foi elixido membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de Madrid e, en 1977, obtivo o Premio Nacional de Investigación, na especialidade de matemáticas.[3]
Investigacións e traballos científicos
[editar | editar a fonte]Ancochea fixo unha serie de investigacións non moi extensas pero de gran calidade, sobre teoremas clásicos, álxebra clásica e estudos dos puntos próximos, que se achegan ó teorema fundamental da xeometría proxectiva.[Cómpre referencia]
Ademais, as súas investigacións sobre automorfismos deron un punto de partida ó que na actualidade se coñece como teorema de Ancochea-Hua.
Desde 1946 foi recensor de Zentralblatt fur Mathematik, onde publicou traballos de álxebra e xeometría alxébrica e diferencial. En 1951, a revista neerlandesa Compositio Mathematica contaba con Ancochea para as súas publicacións.
De tódolos seus traballos cómpre dicir que só seis publicacións están en revistas españolas, as demais publicáronse no eido internacional.[Cómpre referencia]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O instituto da Pobra de Trives leva o seu nome.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Excmo. Sr. D. Germán Ancochea Quevedo". rac.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31-12-2018. Consultado o 5-12-2019.
- ↑ "Necrolóxica". ABC (en castelán). 21 de marzo de 1981.
- ↑ Ruiz Garrido, Ceferino. "Germán Ancochea Quevedo" Diccionario Biográfico Español, Real Academia de la Historia.
- ↑ IES Xermán Ancochea Quevedo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Outerelo Domínguez, E. (2009). Evolución histórica de la Licenciatura en Matemáticas (Exactas) en la Universidad Central (PDF) (en castelán). Facultad de Ciencias Matemáticas, UCM. ISBN 978-84-692-2421-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de setembro de 2020. Consultado o 04 de decembro de 2019.
- Cid Araújo, J. Á.; Macía Fernández, B., eds. (2021). Germán Ancochea. Tributo a un pionero de la investigación matemática española. Real Sociedad Matemática Española.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Germán Ancochea en Documat, Fundación Dialnet.
- Nados en 1908
- Finados en 1981
- Matemáticos de Galicia
- Nados en Córdoba, Arxentina
- Académicos da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais
- Profesores da Universidade de La Laguna
- Profesores da Universidade de Salamanca
- Profesores da Universidade Central de Venezuela
- Catedráticos da Universidade Complutense de Madrid
- Catedráticos da Universidade de La Laguna