Xesús Calviño de Castro
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1893 ![]() Abegondo, España ![]() |
Morte | 3 de xuño de 1972 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
Xesús Calviño de Castro, nado en Abegondo o 29 de xaneiro de 1893[1] e finado en Buenos Aires o 3 de xuño de 1972, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dunha familia acomodada, os seus pais Pedro Calviño e María de Castro eran mestres. De neno viviu uns anos nas Torres de San Tirso (Pazo de Quiroga), pois o seu pai era o apoderado da familia. Emigrado á Arxentina en 1911 para evitar o servizo militar, integrouse na comunidade da diáspora galega, colaborou en El Despertar Gallego, Galicia, Lugo, Acción Gallega, Ecos de Galicia, Crítica, Nova Galicia, Correo de Galicia, Alborada e A Nosa Terra e dirixiu xornais dirixidos aos galegos e galegas da emigración. Tamén traballou como xornalista de radio na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.[2] Está soterrado no cemiterio Flores do Gran Buenos Aires.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]En castelán
[editar | editar a fonte]- Hojas dispersas, 1943.
- Bordón Peregrino, ilustrado polo pintor arxentino Pablo Fabisch, 1947.
En galego
[editar | editar a fonte]En 1999 editáronse de forma póstuma as obras en galego de Calviño de Castro:
- Forza segreda (teatro).
- Poemas inéditos e dispersos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Ercilia Quiroga Salinas na Arxentina o 14 de xullo de 1953, e quedou viúvo en 1960.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Delgado Corral 1999, p. 9.
- ↑ Vilanova Rodríguez, A. (1966). Los Gallegos en la Argentina II. Buenos Aires: Ediciones Galicia.
- ↑ Delgado Corral 1999, p. 14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Beade Dopico, Andrés. "Poetas de la emigración. Jesús Calviño de Castro" (PDF). Anuario Brigantino: 113–116.
- Delgado Corral, Concepción, ed. (1999). Obra en galego de Xesús Calviño de Castro (PDF). Betanzos: Concello de Betanzos.
- Rocha Carro, X. X. (1996). "Jesús Calviño de Castro. Ilustres de Abegondo. Poeta e escritor". Abegondo. Un curruncho das Mariñas.