Jesús Otero Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1959 ![]() Merza, España ![]() |
![]() | |
21 de xuño de 2011 – 27 de setembro de 2011 ← María Pilar Ramallo Vázquez Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
![]() | |
1990 – 2019 ← Sergio Iglesias Pazos – Luís Taboada Sánchez → ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Vila de Cruces ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Popular ![]() |
Membro de |
Jesús Otero Varela, nado en Merza o 29 de xaneiro de 1959,[1] é un político galego do PPdG, que foi alcalde de Vila de Cruces.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira política como concelleiro de Alianza Popular en Vila de Cruces en 1983. En maio de 1990, logo do falecemento en accidente do alcalde Sergio Iglesias Pazos, foi elixido alcalde. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e revalidou a alcaldía cunha ampla maioría absoluta. Mantivo a alcaldía nos sucesivos comicios, sempre con maioría absoluta. Formou parte da candidatura do PPdeG ao Congreso dos Deputados por Pontevedra en 2004 e 2008, sen resultar inicialmente elixido, ata que en xuño de 2011 tomou posesión como deputado en substitución de María Ramallo, manténdose ata os comicios xerais de novembro dese mesmo ano.
Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, tras apoiar nacionalistas e socialistas o independente Luís Taboada Sánchez. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do PPdeG mais nesta ocasión pasou a se-la segunda forza tralos independentes, polo que continuou na oposición.