XesGalicia
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
XesGalicia comparte sede co IGAPE | |
Fundación: | Santiago de Compostela. |
---|---|
Presidente: | Xoán Manuel Cidivanes |
http://www.xesgalicia.org |
XesGalicia é unha sociedade galega xestora de entidades de capital de risco. Está participada na súa meirande parte polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), dependente da Xunta de Galicia, que aporta á sociedade un 70% do capital. O restante 30% fica alimentado polo aforro interno da corporación.
O seu presidente é Xoán Manuel Cividanes Roger.[1]
Nacemento e obxectivos
[editar | editar a fonte]Accionistas de XesGalicia (ano 2001) | ||
---|---|---|
Tipo | Porcentaxe | |
IGAPE | 46,7% | |
Xunta de Galicia | 20,64% | |
ABANCA (Caixanova e Caixa Galicia | 23,60% | |
Banco Pastor | 4,35% | |
BBVA | 3,79% | |
Sociedades de desenvolvemento rexional francesas (Bretagne e L'Ouest) |
0,92% | |
Fonte: Consello de Contas.[2] |
XesGalicia foi creada no ano 1999, autorizando ao IGAPE a constituíla coa fin de financiar ás empresas galegas. Así, a sociedade constitúese baixo a forma de se S.A. cun capital social de 1.202.020 euros.
O obxectivo desta sociedade é incentivar e financiar o crecemento empresarial mediante a participación minoritaria e temporal do capital das empresas. Ten potestade tamén para outorgar préstamos ordinarios ou préstamos participativos, botando man dun Fondo de Capital de Risco.
Malia que o obxectivo inicial era investir en empresas economicamente viábeis, e co agravante da crise económica, na práctica XesGalicia mudou cara a unha entidade de rescate de empresas con perdas.[3] Así, no ano 2012 un 63% das empresas participadas pola Xunta de Galicia a través de XesGalicia ficaban en números vermellos.[4]
Subdivisións
[editar | editar a fonte]XesGalicia conta con seis instrumentos financeiros para a axuda ao préstamo das empresas galegas:
- Sodiga, unha sociedade anónima destinada ás empresas con especial potencial de crecemento.
- Fondo Adiante, destinado para empresas que, malia seren viábeis, presentan dificultades específicas.
- Emprende, destinada ás novas empresas de recente creación.
- Fundación Impulsa Ferrol, destinada especificamente a fornecer o tecido empresarial da bisbarra da comarca de Ferrol.
- Posibilita, destinada á promoción de empresas de discapacitados.
- Fondo Tecnolóxico I2C, destinado ás empresas de desenvolvemento tecnolóxico e I+D.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ XesGalicia (ed.). "XesGalicia. Órganos de Administración." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de agosto de 2014. Consultado o 10 de agosto de 2014.
- ↑ "Consello de contas de Galicia: informe de fiscalización do ano 2001" (PDF). Consello de Contas de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de agosto de 2014. Consultado o 10 de agostode 2014..
- ↑ Economista Digital (ed.). "La crisis convierte Xesgalicia en una UCI para empresas". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2014. Consultado o 10 de agosto de 2014.
- ↑ El País Galicia (ed.). "El 63% de las empresas apoyadas por la Xunta en Xesgalicia pierden dinero". Consultado o 10 de agosto de 2014.