Saltar ao contido

Xiana de Norwich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXiana de Norwich

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1342 Editar o valor en Wikidata
Norwich (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XV (>1416) Editar o valor en Wikidata
Norwich (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Misticismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Norwich Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónteólogo, ermitá, mística cristiá, Anacoreta, escritora, filósofa Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa8 de maio Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
A Cyclopaedia of Female Biography
A Biographical Dictionary of the Celebrated Women of Every Age and Country Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1111361 Musicbrainz: 78ccf390-ef35-42fe-99d4-d628a7aa8b10 IMSLP: Category:Julian_of_Norwich Editar o valor en Wikidata
Xiana de Norwich nunha pintura existente na Igrexa de Santo André e Santa María, en Langham, Norfolk, Inglaterra

Xiana de Norwich (en inglés: Julian of Norwich),[1] nada en Norfolk cara a 1343 e finada en Norwich con posterioridade a 1416, foi unha anacoreta e mística inglesa medieval. Os seus escritos, coñecidos na actualidade como Revelations of Divine Love ("As revelacións do amor divino"), son os textos en lingua inglesa máis antigos que se conservan atribuídos a unha muller. Tamén son a única obra en inglés dunha anacoreta en chegar até os nosos días.

Xiana viviu en Norwich, un importante núcleo comercial cunha intensa vida relixiosa. Durante a súa vida, a cidade sufriu os devastadores efectos da Peste Negra de 1348-1350, a Revolta dos campesiños (que afectou a moitas zonas de Inglaterra en 1381) e a represión contra os lollardos. En 1373, con 30 anos e tan gravemente enferma que pensaba que morrería da doenza, Xiana tivo unha serie de visións da Paixón de Cristo. Tras recuperarse, escribiu dúas versións desta experiencia: a primeira delas, redactada pouco despois da súa mellora, é moi breve; a segunda, moito máis extensa, coñecida na actualidade como o Long Text, foi elaborada anos despois.

Xiana viviu en reclusión permanente como anacoreta, nunha cela anexa á actual igrexa de santa Xiana, en Norwich. Coñécense catro testamentos nos que se legan sumas de diñeiro a unha anacoreta de Norwich chamada Xiana, e mais unha descrición dos consellos dados pola relixiosa á mística Margery Kempe (1373-1438). Non obstante, non se sabe nada da súa familia e educación, ou da súa vida antes de converterse en anacoreta. Tampouco hai certeza de que o seu nome sexa realmente Xiana.

Malia procurar illarse do mundo e escribir de xeito anónimo, foi unha figura moi influente na súa época. Ademais, os seus escritos foron coidadosamente preservados, aínda que a Reforma protestante impediu a súa publicación impresa. O Long Text saíu do prelo por primeira vez en 1670, grazas ao monxe beneditino Serenus de Cressy (c. 1605-1674). En 1843, foi reeditado por Hargreaves Parker, e en 1864 publicouse unha edición modernizada. Finalmente, Xiana de Norwich comezou a ser recoñecida de novo en 1901, grazas á transcrición e publicación dun manuscrito atopado no Museo Británico, realizada por Grace Warrack (1855-1932). Dende entón, a súa obra foi traducida a múltiples idiomas. Na actualidade, é considerada unha importante mística e teóloga cristiá.

A cidade inglesa de Norwich, onde é probable que Xiana vivise toda a súa vida, era a segunda máis importante da rexión nos séculos XIII e XIV, xusto despois de Londres; tratábase do núcleo da principal rexión agrícola e comercial do país.[2] Durante a súa época, a vila sufriu a chegada da Peste Negra, que matou a case a metade da súa poboación, e volveu aparecer en sucesivos gromos até 1387.[3] Xiana presenciou tamén a revolta dos campesiños de 1381, durante a cal Norwich foi tomada polas forzas rebeldes de Geoffrey Litster. Henry le Despenser (c. 1341-1406), o bispo da localidade, executou a Litster tras a derrota do exército campesiño na batalla de North Walsham (25 ou 26 de xuño de 1381).[4] Despenser opúxose con vehemencia aos lollardos, que esixían a reforma da Igrexa, polo que varios deles foron queimados na fogueira no chamado pozo dos lollardos (en inglés: Lollards Pit), nas aforas da cidade.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ramírez, Janina (2016). Julian of Norwich: A Very Brief History (en inglés). Society for Promoting Christian Knowledge. ISBN 978-0-281-07737-3. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]