Xilófono
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/65/Ksylofon_ubt_0053.jpeg/220px-Ksylofon_ubt_0053.jpeg)
O xilófono[1] é un instrumento de percusión, idiófono, formado por láminas de madeira, normalmente de palisandro (madeiras moi apreciadas e custosas) ou de materiais sintéticos. Estas láminas están dispostas de maneira cromática e soan ao ser golpeadas por baquetas. Os xilófonos caracterízanse por seren de tamaño pequeno. Existe unha variedade de xilófono chamada xilo-marimba, con características que se atopan entre as dos dous instrumentos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xilófono.