Saltar ao contido

Xira suramericana do Deportivo da Coruña de 1954

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A xira suramericana do Deportivo da Coruña de 1954 foi un episodio da historia do Deportivo da Coruña, no que o club disputou unha serie de encontros amigables en América do Sur, así como un torneo oficial da Asociación Uruguaia de Fútbol. Cunha duración dun mes e medio o equipo galego xogou sete partidos durante a xira, no Uruguai, a Arxentina e o Brasil.

A expedición, encabezada polo presidente Antonio Martínez Rumbo, estaba composta polo adestrador Carlos Iturraspe, 12 xogadores propios (Otero, Lestón, Tomás, Zubieta, Botana, Tito Blanco, Cuenca, Corcuera, Lechuga, Arsenio, Pahiño e Rodolfo) e catro convidados (Ortega, Sará, Moll e Moreno). Ademais viaxaron na expedición o secretario-tesoureiro do club José López Vázquez, o masaxista Vicente Cucarella e os xornalistas Manuel Ponte Pati­ño e Orestes Vara.[1]

O equipo saíu da Coruña o 14 de xuño, viaxando ata Lisboa en autocar.[2] Os integrantes da viaxe foron ensaiando durante o traxecto cancións populares galegas, entre elas a Rianxeira, coa dirección dos xogadores Tito Blanco e Lestón, para ser cantadas por megafonía en Montevideo.[3] O día 16 saíu do aeroporto de Lisboa o avión con destino ao Uruguai, facendo escalas en Recife e Río de Xaneiro.

Uruguai (Torneo de Campións Suramericanos Xuvenís)

[editar | editar a fonte]

No Uruguai o Deportivo viviu un feito insólito no fútbol, participando nunha competición oficial doutro país. Foi no chamado Torneo de Campións Suramericanos Xuvenís, organizado pola Asociación Uruguaia de Fútbol, que levou ese nome na honra da selección uruguaia sub-19, que viña de conquistar o primeiro campionato suramericano xuvenil.[4][5] A federación uruguaia, pensando en que o campionato perdería esplendor pola ausencia dos xogadores da selección uruguaia que estaban en Suíza disputando a Copa do Mundo, decidiu convidar a un equipo galego e outro italiano, tendo en conta o tamaño das colonias galega e italiana no Uruguai. Deste xeito convidaron ao Deportivo da Coruña e o Atalanta de Bérgamo, pero só o equipo coruñés aceptou.[6][7]

O primeiro partido estaba programado para disputarse no Estadio Centenario o día 20 contra o Nacional de Montevideo, onde ademais se poñería en xogo a Copa Casa de Galicia,[8] mais tivo que ser suspendido debido á abondosa choiva caída na capital uruguaia.[9] Reprogramado para a semana seguinte volveu ser suspendido polo mesmo motivo.[10] Disputouse finalmente o 4 de xullo, con vitoria uruguaia por 2-1, con dous goles de Julio Quiroga para o Nacional e un de Sará para o Deportivo.[11][12] Unha semana despois o equipo enfrontouse no mesmo escenario ao Peñarol, nun duro encontro que rematou con tres xogadores expulsados. Adiantouse o conxunto uruguaio cun gol do arxentino Juan Romay, remontou o Deportivo con goles de Moreno e Arsenio, e finalmente empatou o partido o internacional e campión do mundo Juan Carlos González.[13][14]

O día 15 xogaron o terceiro encontro, fronte a Rampla Juniors no Estadio Belvedere, obtendo un novo empate tras un gol de Dagoberto Moll para os coruñeses e outro de Ramón Cantou para os charrúas.[15] Tres días despois o equipo galego pechou o seu paso por Montevideo cunha derrota contra o River Plate local por 2-1, con goles de Bello e Alberto Galeano para o equipo branco e vermello e de Moll para os branquiazuis.[16]

Arxentina

[editar | editar a fonte]

A continuación o equipo viaxou a Buenos Aires, onde se enfrontou ao San Lorenzo de Almagro, no Gasómetro, fronte a milleiros de emigrantes galegos.[17][18] O partido acabou en empate a dous, con goles de Picot e Coll para o San Lorenzo e de Moreno e Pahiño para o Deportivo.

Brasil (Triangular de Río de Xaneiro)

[editar | editar a fonte]

Tras este breve paso pola Arxentina o equipo galego desprazouse ao Brasil para disputar no Estadio do Maracanã o Torneo Triangular Internacional de Río de Xaneiro, que comezaba o día 25 de xullo. No primeiro dos partidos enfrontouse ao Flamengo de Dequinha e Dida, que goleou aos coruñeses por 4-1, con tantos anotados por Benítez, Joel, Rubens e Índio, mentres que o gol galego foi conseguido por Pahiño.[19] Tres días despois caeu de novo derrotado, esta vez fronte ao Fluminense de Waldo e Escurinho. Os cariocas adiantáronse con dous goles de Didi na primeira parte e Esquerdinha fixo o terceiro no segundo tempo, mentres que os xogadores galegos non foron quen de bater ao porteiro internacional Castilho.[20][21] O Flamengo acabou gañando o torneo despois de vencer por 5-2 ao Fluminense no terceiro día de competición.

A pesar de ter convites para xogar en São Paulo, Santos e Baía, a expedición galega decidiu rexeitalos e regresar á Coruña, por mor do cansazo acumulado dos xogadores.[21][20]

Torneo de Campións Suramericanos Xuvenís

[editar | editar a fonte]

Amigables

[editar | editar a fonte]

Torneo Triangular Internacional de Río de Xaneiro

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "El Deporlivo saldra el lunes para Lisboa". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 1954. p. 5. 
  2. Alfil (15 de xuño de 1954). "Jira del Deportivo coruñés por la América del Sur". El Correo Gallego (en castelán). p. 5. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  3. "El Deportivo llegó felizmente a Lisboa". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xuño de 1954. p. 5. 
  4. "Los uruguayos practican un fútbol duro, viril, con clase e inspiración personal". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de agosto de 1954. p. 4. 
  5. "Uruguay Primer Campeón Sudamericano Juvenil 1954". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). 8 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de abril de 2021. 
  6. "La Coruña jugó un torneo oficial uruguayo". Ovación Digital (en castelán). 6 de agosto de 2017. Consultado o 20 de abril de 2021. 
  7. "El bicampeonato de 1953-1954" (en castelán). 9 de xaneiro de 2020. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  8. "Copa Casa de Galicia de 1954". atilio.uy (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2022. 
  9. Alfil (22 de xuño de 1954). "El Deportivo no pudo jugar en Montevideo". La Voz de Galicia (en castelán). p. 4. 
  10. "Otra vez se suspendió el partido del Deportivo en Montevideo". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xuño de 1954. p. 4. 
  11. "Impresionó favorablemente el Deportivo en su presentación". El Pueblo Gallego (en castelán). 6 de xullo de 1954. p. 7. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  12. Alfil (6 de xullo de 1954). "En Montevideo". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2021. 
  13. "El Deportivo da la Coruña empató con el Peñarol, en Montevideo, a 2 tantos". El Correo Gallego (en castelán). 13 de xullo de 1954. p. 6. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  14. Vara, Orestes (13 de xullo de 1954). "El Deportivo logró en Montevideo un magnífico empate a 2 con el Peñarol". La Voz de Galicia (en castelán). p. 4. 
  15. "El Deportivo empato a un gol en Montevideo con el Rampla". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xuño de 1954. p. 3. 
  16. Alfil (20 de xullo de 1954). "Jira del Deportivo por América". El Correo Gallego (en castelán). p. 5. Consultado o 20 de abril de 2021. 
  17. Alfil (23 de xullo de 1954). "El Deportivo de la Coruña, en Buenos Aires". El Correo Gallego (en castelán). p. 4. Consultado o 20 de abril de 2021. 
  18. Fiemes, Justo Guillermo (24 de xullo de 1954). "Miles de gallegos dieron la nota de animación en las gradas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 5. 
  19. Alfil (27 de xullo de 1954). "El Deportivo pierde en Brasil". El Pueblo Gallego (en castelán). p. 7. Consultado o 20 de abril de 2021. 
  20. 20,0 20,1 "El Deportivo vencido por el Fluminense en Rio de Janeiro". La Noche (en castelán). 29 de xullo de 1954. p. 1. Consultado o 20 de abril de 2021. 
  21. 21,0 21,1 "El Deportivo perdió con el Fluminense por 3-0". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xullo de 1954. p. 30 de xullo de 1954. 
  22. "La Coruña jugó un torneo oficial uruguayo" (en castelán). 6 de agosto de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  23. "El Deportivo empato a un gol en Montevideo con el Rampla". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xuño de 1954.