Xoán Xurxo II de Saxonia
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (de) Johann Georg II. von Sachsen ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de maio de 1613 ![]() Dresden ![]() |
Morte | 22 de agosto de 1680 ![]() Freiberg ![]() |
Lugar de sepultura | Freiberg Cathedral (en) ![]() ![]() |
Príncipe elector | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Electorado de Saxonia ![]() |
Relixión | Luteranismo ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Dresden ![]() |
Ocupación | coleccionista de arte ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá ![]() |
Outro![]() | |
Título | Margrave ![]() |
Familia | Albertine branch (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Madalena Sibila de Brandemburgo-Bayreuth (1638–1680), morte da persoa |
Fillos | Xoán Xurxo III de Saxonia, Erdemunda Sofia da Saxónia (pt) ![]() ![]() ![]() |
Pais | Xoán Xurxo I de Saxonia ![]() ![]() |
Irmáns | Mauricio de Saxonia-Zeitz, Augusto de Saxonia-Weissenfels, Cristián I de Saxonia-Merseburgo, Madalena Sibila de Saxonia, Sofía Leonor de Saxonia e María Sabela de Saxonia ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Xoán Xurxo II de Saxonia (en alemán: Johann Georg II.), nado en Dresden o 31 de maio de 1613, e finado en Freiberg o 22 de agosto de 1680, foi duque de Saxonia e membro da Casa de Wettin.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era o terceiro (pero o maior que sobreviviu) dos fillos de Xoán Xurxo I de Saxonia e a súa segunda esposa Madalena Sibila de Prusia.
Sucedeu a seu pai como elector despois da súa morte o 8 de outubro do ano 1656.
O seu goberno estivo marcado polo renacemento da economía de Saxonia trala guerra dos Trinta Anos. Por mor dun interese persoal, contribuíu no nacemento de numerosas industrias e negocios para mellorar a economía do electorado (teas, carbón, vidro, entre outras). A prata extraída das proximidades volveu encher as arcas do estado e a acuñar novamente moeda. Incluso os bohemios exiliados contribuíron ó desenvolvemento da economía.
No ano 1657 fai un acordo cos seus irmáns a fin de evitar futuras disputas e divisións do ducado. O ano 1664 estabeleceu amizade con Lois XIV de Francia, isto levouno a enfrontarse duramente coa oposición dalgunhas faccións saxoas anti francesas, o que o empuxou a adherirse á política de Leopoldo I de Habsburgo, deixando de lado ó rei francés.
Os maiores intereses do elector non estaban na política, senón na música e a arte. Centrou a súa atención na súa cidade natal, Dresden, que baixo o seu goberno se converte no principal centro musical de Alemaña. Xoán Xurxo acolle na súa espléndida corte a músicos de todas partes do mundo e gañou axiña o título de mecenas.
As grandes sumas que o seu estado reportaba levárono o ano 1661 a revisar a política económica do electorado, que por outra banda tiña un desenvolvemento militar moi inferior a estados veciños como Bohemia ou Prusia.