Xosé Antonio Touriñán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1980 (44 anos) Castelo, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, presentador |
Membro de | |
Páxina web | tourinhan.gal |
Xosé Antonio Touriñán Rodríguez, nado o 16 de marzo de 1980, en Castelo, Culleredo, é un actor, humorista e presentador de televisión galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse no teatro escolar en Tarrío e no Instituto Crucero Baleares de Culleredo, e licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa. A principios do 2000 creou con Marcos Pereiro o dúo cómico Os 2 de Sempre. Interpretando as personaxes de Mucha e Nucha, realizaron as súas primeiras aparicións televisivas nas últimas edicións do Supermartes, da Televisión de Galicia, e máis tarde acadaron sona cos mesmos roles no programa Luar.[1] En 2006 realizou a súa primeira incursión no cine, cun pequeno papel no filme Días azuis, de Miguel Santesmases.[1] Durante os seguintes anos aparceu ademais noutros programas da TVG como Air Galicia ou a serie de éxito Padre Casares.
No ano 2007 abriu en Carral xunto a Marcos Pereiro o local de espectáculos e concertos Sala The Star, que se mantivo activo até 2012. No 2009 fundou, tamén con Marcos Pereiro como socio, a súa propia produtora, Airapro Producións, unha pequena empresa con sede en Carral e Betanzos, que traballa no sector audiovisual e da representación artística, xestionando grupos musicais e humoristas como Heredeiros da Crus, Pepo Suevos e as propias "Cantareiras de Ardebullo".
En 2009 presentou o programa sobre sendeirismo Botarse ao monte, polo que recibiu o seu primeiro nomeamento aos premios Mestre Mateo, premios que el mesmo presentou por primeira vez en 2010.
Entre 2011 e 2015 apareceu en Era visto!, interpretando ao taberneiro Puskas. Traballou habitualmente en Land Rober, e en 2012, despois de que o seu presentador, Roberto Vilar marchase a Mediaset, e o programa fose cancelado, Touriñán pasou a presentar un novo espazo no mesmo horario e co mesmo equipo: Tourilandia.[2][3] En 2014 chegoulle o seu primeiro papel de importancia no cine, no filme de Alfonso Zarauza Os fenómenos.[1]
En 2018 traballou na serie de Antena 3 Fariña, baseada no libro homónimo de Nacho Carretero, e onde interpretou a un dos fillos do traficante Manuel Charlín. Dende 2021 presenta xunto con Marta Hazas para TVE o programa de viaxes Rutas bizarras, emitido en La 2.[4] A continuación protagonizou o filme Cuñados e tivo un papel en Malencolía.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Xunto á súa parella, Patricia, é pai de dous fillos: Antía e Andrés.[5]
Filmografía como actor
[editar | editar a fonte]- Supermartes (2005), programa de televisión.
- Marta (2006), curtametraxe de Juan de Oliveira Rubinos.
- Días azuis (2006), longametraxe de Miguel Santesmanes, interpretando a Pincha La Palma.
- En pé de festa (2006), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes.
- Efectos secundarios (2007), serie de televisión, interpretando a Emilio.
- Luar (2008–2011, 2013), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes.
- Air Galicia (2009), programa de televisión, interpretando a varias personaxes.
- Padre Casares (2008– ), serie de televisión, interpretando a Rodolfo.
- Land Rober (2009–2011), programa de televisión, interpretando a Ricardo e outras personaxes.
- Era visto! (2011–2014), serie de televisión, interpretando ao taberneiro Puskas.
- Un soño de Nadal (2011), programa especial televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes.
- A Casa da Conexa (2012–2014), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes.
- Un conto de Nadal por Mucha e Nucha (2013), programa especial televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes.
- Os fenómenos (2014), longametraxe de Alfonso Zarauza, interpretando a Curtis.
- Land Róber Tunai Show (2015– ) programa de televisión cómico, copresentador e actor interpretando varios personaxes.
- Buscando Ardebullo (2016).
- Vidago Palace (2017), serie de televisión, interpretando ao Padre Raimundo.
- Fariña (2018), serie de televisión de Antena 3, interpretando a Paquito Charlín.
- Justo antes de Cristo (2018), serie de televisión de Movistar+, interpretando o escravo Agorastocles.
- Somos criminais (2018), con Carlos Blanco.
- Pequeñas coincidencias (2018-2020), serie de televisión de Amazon, interpretando a Rafa.
- Unha noite na praia (2019), peza de teatro escrita e dirixida por Javier Veiga.
- El desorden que dejas (2020), serie de televisión de Netflix, interpretando a Acevedo.
- Cuñados (2021), longametraxe de Toño López, interpretando a Sabonis.
- El club del paro (2021), longametraxe de David Marqués.
- +Cuñados (2024), longametraxe de Luis Avilés.
Como presentador de televisión
[editar | editar a fonte]- Perdelo todo (2006), programa de televisión.
- Botarse ao monte (2009), programa de televisión.
- Gala dos Premios Mestre Mateo 2009, programa especial de televisión. Presentador e guionista.
- Gala dos Premios Mestre Mateo 2010, programa especial de televisión. Presentador e guionista.
- Tourilandia (codirector xunto con Xosé Arias, 2012-2013).[6]
- Rutas bizarras (2021, con Marta Hazas).
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor comunicador | Botarse ao monte | Nomeado |
2011 | Mellor comunicador | Un soño de Nadal | Nomeado |
2012 | Mellor comunicador | Tourilandia | Nomeado |
2013 | Mellor comunicador | A casa da conexa | Nomeado |
2014 | Mellor actor secundario | Os fenómenos | Nomeado |
Mellor comunicador | A casa da conexa | Nomeado | |
2018 | Mellor actor | Land Róber Tunai Show | Nomeado |
2021 | Mellor actor | Cuñados | Nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Xosé Antonio Touriñán, el actor de moda" (en castelán). 25 de setembro de 2018. Consultado o 26 de maio de 2023.
- ↑ "Xosé Antonio Touriñán responde". Faro de Vigo. 17 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2023.
- ↑ "A TVG estrea esta noite "Tourilandia", o novo programa de humor e entretemento presentado por Xosé A. Touriñán". Televisión de Galicia. 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2023.
- ↑ "‘Rutas bizarras’ vuelve a La 2 para recorrer el Camino de Santiago". La Opinión A Coruña (en castelán). 19 de abril de 2022. Consultado o 25 de abril de 2022.
- ↑ "El confinamiento tiene sus momentos". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de marzo de 2020. Consultado o 26 de maio de 2023.
- ↑ Tourilandia na páxina da Televisión de Galicia.