Saltar ao contido

Xosé Díaz Díaz (político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Díaz Díaz
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Galicia (1970–1976)
Bloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesYolanda Díaz, sobriña Editar o valor en Wikidata

BUSC: diaz-diaz-xose-1944

Xosé Díaz Díaz, nado en Ferrol o 8 de setembro de 1944, é un sindicalista e político galego do BNG. Foi deputado no Parlamento de Galicia entre 1997 e 2005.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballou en ASTANO (1958–1998, cando foi pre-xubilado polos acordo CCOO-UGT-Empresa) como aprendiz de Maquinaria primeiro, logo delineante-proxectista e como economista finalmente. Militante do PCG entre 1970 e 1976, foi membro do comité de empresa e dos secretariados nacionais da INTG e da CIG. Portavoz do sector naval. Dirixiu as negociacións sobre diferentes plans de reestruturación desde 1984 até 1997, co goberno central. Militante do BNG, foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1997, presidindo a Comisión de Economía.[1] Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 2001.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É irmán xémeo do sindicalista Suso Díaz e, xa que logo, tío da ministra Yolanda Díaz.

  1. ""V lexislatura (18-11-97 ó 28-08-01)"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2016. 
  2. ""VI lexislatura (20-11-01 ó 26-04-05)"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]