Xosé Durán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de maio de 1957 ![]() Cuntis, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
![]() |
Xosé Manuel Rodríguez Durán, nado en Cuntis o 19 de maio de 1957, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Ciencias Químicas e Xornalismo,[1] a maior parte da súa actividade profesional está vinculada aos mundos da radio e da televisión, nos que se dedicou á información deportiva e á información xeral: Radio Pontevedra, Radio Noroeste, Faro de Vigo-Pontevedra. En 1985 comezou o seu traballo na Televisión de Galicia,[2] onde foi director de telexornais e de programas como O semanal e Reporteiros, ademais de encargarse de diversos informativos especiais: CienciaNosa, Vivir Aquí ou Vivir o Mar. Foi tamén xefe de deportes e redactor-xefe dos Servizos Informativos da TVG. Colaborou en varias revistas literarias.[3] Foi autor do primeiro audiolibro galego situado nunha tenda virtual (iTunes), para descargas por ordenador.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- O asasino invisible (1998). Galaxia, Costa Oeste. 160 páxs. ISBN 978-84-8288-223-9. 10 relatos de ciencia ficción.
- A raíña galega (2020). Xerais, Fóra de Xogo. 144 páxs. ISBN 978-84-9121-729-9. Novela.
Teatro
[editar | editar a fonte]- A lección máis solidaria (2004). Ed. Fervenza, A Pinguela, nº 17. 16 páxs. ISBN 9788496368026.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Roberto Blanco Torres, xornalista e poeta (1999). Galaxia. 112 páxs. ISBN 9788482882536.
- A televisión, as novas tecnoloxías e a conduta dos nenos (2004). Edicións Laiovento. 52 páxs. ISBN 9788484870487.
Notas
- ↑ "Xosé Durán". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Galicia está en Polonia? CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "A PINGUELA Nº 17: A LECCION MAIS SOLIDARIA. XOSE DURAN". casadellibro. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-10-15.