Xosé Gómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de abril de 1932 Lalín, España |
Morte | 8 de xaneiro de 2008 (75 anos) Lugo, España |
Lugar de sepultura | Catedral de Lugo |
Bispo de Lugo | |
23 de abril de 1980 – 30 de novembro de 2007 ← Antonio Oña de Echave (en) – Afonso Carrasco Rouco → Diocese: diocese de Lugo | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1980–), Sacerdote católico de rito romano (1956–), profesor universitario |
Orde relixiosa | Orde dos Freires Menores |
Consagración | Luigi Dadaglio |
Xosé Hixinio Gómez González, coñecido como frei Xosé Gómez, nado en Lalín o 3 de abril de 1932 e finado en Lugo o 8 de xaneiro de 2008, foi un prelado galego e bispo de Lugo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun avogado que ocupou o posto de secretario de varios concellos do interior galego, estudou a escola en Lalín e Cea, e a secundaria no colexio dos franciscanos de Herbón e logo en Ponteareas. Ingresou na orde franciscana en 1948. Estudou filosofía e teoloxía nos colexios desta orde en Ponteareas e Santiago, e ordenouse como crego católico en Santiago o 24 de xuño de 1956.
Proseguiu estudos de teoloxía en Roma, onde se licenciou primeiro na especialidade de Teoloxía Moral e logo na de Dereito canónico e na de Dereito romano, pola que ademais se doutorou (1961) cun traballo sobre os elementos esenciais do matrimonio romano. De volta a Galicia, traballou como docente en distintos colexios e universidades, e colaborou con distintos xornais. Ademais, dentro da orde franciscana, ocupou os cargos de vicerreitor e logo reitor do colexio de Compostela, para pasar despois a ser viceprovincial e finalmente prefecto da provincia de Santiago.
O 28 de xuño de 1980 accedeu ao cargo de bispo de Lugo na catedral desa cidade. Facía o número 100 no catálogo episcopal da diocese. Logo de 28 anos á fronte do seu posto, e enfermo de cancro, foi relevado a finais de 2007 por Alfonso Carrasco Rouco. Faleceu días despois e foi soterrado na catedral luguesa.[1]
Foi nomeado fillo adoptivo de Lugo en 2007.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A nosa voz Arquivado 06 de setembro de 2011 en Wayback Machine.. Revista informativa da Diocese de Lugo.