Saltar ao contido

Xuízo ás Xuntas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xuízo ás xuntas»)
Membros da Xunta Militar ingresan ao xuízo o 22 de maio de 1985

Coñécese como Xuízo ás Xuntas o proceso xudicial realizado pola xustiza civil na Arxentina en 1985, por orde do presidente Raúl Alfonsín (1983-1989) contra as tres primeiras xuntas militares da ditadura chamada Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983) por mor das graves e masivas violacións de dereitos humanos cometidas nese período.

A sentenza condenou a algúns integrantes das tres primeiras xuntas militares a severas penas por delitos de lesa humanidade, incluíndo a prisión perpetua aos principais responsábeis. Estes foron indultados en 1990 polo presidente Carlos Menem. A partir de 2006 a xustiza comezou a declarar inconstitucionais os indultos decretados.

A decisión de axuizar ás xuntas militares

[editar | editar a fonte]

O 15 de decembro de 1983, cinco días despois de asumir como presidente, Raúl Alfonsín sancionou os decretos 157 e 158. Polo primeiro se ordenaba axuizar aos dirixentes das organizacións guerrilleiras ERP e Montoneros; polo segundo ordenábase procesar ás tres xuntas militares que dirixiron o país desde o golpe militar do 24 de marzo de 1976 ata a Guerra das Malvinas.

O mesmo día creouse unha Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas CONADEP, integrada por personalidades independentes para relevar, documentar e rexistrar casos e probas de violacións de dereitos humanos, e fundar así o xuízo ás xuntas militares.

A CONADEP

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: CONADEP.
Artigo principal: Informe Nunca Más.
Informe da CONADEP

Co fin de dar un forte apoio á investigación sobre violacións de dereitos humanos durante a ditadura, o presidente Alfonsín creou unha comisión de cidadáns notábeis, que chamou Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas (CONADEP).

A CONADEP estivo integrada por dez membros elixidos polo presidente, tres membros elixidos pola Cámara de Deputados, e cinco secretarios. Entre eles atopábanse o escritor Ernesto Sabato, o médico René Favaloro, o científico Gregorio Klimovsky, o rabino Marshall T. Meyer, o pastor evanxélico Carlos Gattinoni, o sacerdote católico Jaime de Nevares, a xornalista Magdalena Ruiz Guiñazú e a activista de dereitos humanos Graciela Fernández Meijide.

Os membros da CONADEP recorreron a Arxentina, España, Francia, México e outros países entrevistando a eventuais testemuñas de violacións de dereitos humanos. Tivo a virtude de promover a confianza para que eses testemuños saísen á luz.

O resultado foi un cadro aterrador que superou as peores avaliacións previas. Fundamentalmente quedou en evidencia que as violacións masivas de dereitos humanos foron executadas sistematicamente obedecendo a un plan decidido nos niveis máis altos do goberno militar.

A comisión traballou nove meses e elaborou un informe de 50.000 páxinas que está considerado como un monumento xurídico e un dos documentos máis importantes da historia dos dereitos humanos.

A CONADEP documentou acabadamente* ao redor de 9.000 casos concretos de violacións de dereitos humanos. Pola súa seriedade e neutralidade, o Informe Nunca Más non só constituíu unha proba fundamental no Xuízo contra as Xuntas, se non que produciu un impacto cultural de enorme magnitude na sociedade arxentina.

O 20 de setembro de 1984 a CONADEP produciu o seu famoso informe titulado Nunca Más e os seus membros concorreron a entregalo ao presidente Alfonsín á Casa Rosada acompañada dunha multitude de 70.000 persoas [1].

Poxa entre a xustiza militar e a xustiza civil

[editar | editar a fonte]
Palacio de Xustiza, Buenos Aires

Logo da sanción do Decreto 158/83, as xuntas militares comezaron a ser axuizadas polo Consello Supremo das Forzas Armadas o 28 de decembro de 1983, debido a que nese momento as leis vixentes establecían que os militares só podían ser axuizados por tribunais militares, sen importar o delito cometido.

As demoras e a falta de vontade nas Forzas Armadas para axuizar realmente aos xefes militares fíxose evidente desde un comezo. O 13 de febreiro de 1984 o Congreso sancionou a Lei 23.049 de reforma do Código de Xustiza Militar establecendo que a xustiza militar só atendería delitos de tipo militar (abandono de garda, deserción, insubordinación etc.). Calquera outro delito cometido por un militar debía ser atendido pola xustiza civil. Ademais, estableceuse que as sentenzas dos tribunais militares podían ser apeladas ante a Cámara Federal (tribunal civil) e que se o xuízo se demoraba inxustificadamente, a Cámara Federal podía facerse cargo directamente da causa.

O 11 de xullo de 1984 a Cámara Federal indicoulle ao Consello Suprema das Forzas Armadas que investigase se houbo un método na violación de dereitos humanos e se iso puido ser responsabilidade dos membros das xuntas militares e que lle informase en 30 días. Ante a inmobilidade do tribunal militar, o 22 de agosto a Cámara Federal concedeulle unha ampliación do prazo por 30 días máis.

O 25 de setembro o Consello Supremo das Forzas Armadas comunicou unha resolución na que sostiña:

Se hace constar que, según resulta de los estudios realizados hasta el presente, los decretos, directivas, órdenes de operaciones etcétera, que concretaron el accionar militar contra la subversión terrorista son, en cuanto a contenido y forma, inobjetables".[2]

Ante a evidencia de demora inxustificada da xustiza militar para axuizar ás xuntas militares, o 4 de outubro de 1984 a Cámara Federal (tribunal civil) tomou a decisión de desprazar ao tribunal militar que estaba axuizando ás xuntas para facerse cargo directamente da causa.

Nese momento o Consello Supremo das Forzas Armadas só tomara declaración indagatoria e ditara prisión preventiva ao almirante Emilio Massera.

O fiscal Julio César Strassera remata a súa alegación final.

Os integrantes da Cámara Federal de Apelacións no Criminal e Correccional da Capital Federal que xulgou ás Xuntas Militares foron Jorge Torlasco, Ricardo Gil Lavedra, León Carlos Arslanián, Jorge Valerga Araoz, Guillermo Ledesma e Andrés J. D’Alessio. Durante o xuízo, os xuíces rotaron cada semana na presidencia do tribunal.

O fiscal foi Julio César Strassera con quen colaborou o fiscal adxunto, Luís Gabriel Moreno Ocampo. Todos os demais funcionarios aos que se solicitou colaboración negáronse a iso con diversas escusas [3].

Pouco antes de iniciarse o xuízo intentouse unha operación para evitar o xuízo promovida por sectores da Unión Cívica Radical e o xeneral Albano Harguindeguy, ex Xefe do Exército durante a ditadura militar [4].

Debido a que a cantidade de delitos sobre os que existían constancias superaban os dez mil, o fiscal Strassera tomou a decisión de recorrer a un mecanismo utilizado polo Consello Europeo de Dereitos Humanos, sobre a base de casos paradigmáticos. A fiscalía presentou entón 709 casos, dos cales o tribunal decidiu examinar 280.

Entre o 22 de abril e o 14 de agosto de 1985 realizouse a audiencia pública. Nela declararon 833 persoas. As atrocidades que revelaron moitos deses testemuños sacudiron hondamente a conciencia da opinión pública arxentina e mundial. O escritor Jorge Luis Borges, que asistiu a unha delas, relatou a súa vivencia nun artigo para a axencia española EFE co título de "Lunes, 22 de julio de 1985". Nunha parte de devandito relato di:

De las muchas cosas que oí esa tarde y que espero olvidar, referiré la que más me marcó, para librarme de ella. Ocurrió un 24 de diciembre. Llevaron a todos los presos a una sala donde no habían estado nunca. No sin algún asombro vieron una larga mesa tendida. Vieron manteles, platos de porcelana, cubiertos y botellas de vino. Después llegaron los manjares (repito las palabras del huésped). Era la cena de Nochebuena. Habían sido torturados y no ignoraban que los torturarían al día siguiente. Apareció el Señor de ese Infierno y les deseó Feliz Navidad. No era una burla, no era una manifestación de cinismo, no era un remordimiento. Era, como ya dije, una suerte de inocencia del mal.[5]

Entre o 11 e o 18 de setembro de 1985 o fiscal Julio César Strassera realizou a alegación da fiscalía, que logo foi considerado como unha peza histórica. A fiscalía consideraba que a responsabilidade por cada delito debía ser compartida polos membros de cada xunta á que se lle probou participación. Finalmente o tribunal non aceptou este criterio, sostendo que as responsabilidades debían ser asignadas por cada forza armada, o que produciu unha considerábel redución das penas para os membros da Forza Aérea.

Strassera pechou a súa alegación con esta frase:

Señores jueces: quiero renunciar expresamente a toda pretensión de originalidad para cerrar esta requisitoria. Quiero utilizar una frase que no me pertenece, porque pertenece ya a todo el pueblo argentino. Señores jueces: 'Nunca más".

Entre o 30 de setembro e o 21 de outubro realizáronse as defensas dos Xefes Militares, que basicamente sostiveron que se había tratado dunha guerra, e que os actos develados debían ser considerados como circunstancias inevitábeis de toda guerra.

A sentenza

[editar | editar a fonte]
Sentenza da Cámara Nacional de Apelacións contra Jorge Rafael Videla, Emilio Eduardo Massera e outros membros da Xunta (1984).

O 9 de decembro ditouse a sentenza condenando a Jorge Rafael Videla e Emilio Eduardo Massera a reclusión perpetua, a Roberto Eduardo Viola a 17 anos de prisión, a Armando Lambruschini a 8 anos de prisión e a Orlando Ramón Agosti a 4 anos de prisión. Os acusados Omar Grafigna, Leopoldo Galtieri, Jorge Isaac Anaya e Basilio Lami Dozo non foron condenados por non haberse podido probar os delitos que se lles imputaban.

A sentenza foi lida por León Arslanián na súa condición de presidente da Cámara Federal. Fundamentalmente a sentenza recoñeceu que as xuntas deseñaron e implementaron un plan criminal e rexeitou a lei amnistía sancionada polo último goberno militar. Sinala tamén que cada forza actuou autonomamente e que as penas deben ser graduadas en función diso. Finalmente, concluíu que a fiscalía non puido probar que, con posterioridade a 1980 cometéronse crimes que puidesen ser responsabilidade da xunta militar, exculpando así á terceira xunta (Galtieri-Amaya-Lami Dozo).

Nun dos parágrafos da extensa sentenza pode lerse:

En suma puede afirmarse que los comandantes establecieron secretamente, un modo criminal de lucha contra el terrorismo. Se otorgó a los cuadros inferiores de las Fuerzas Armadas una gran discrecionalidad para privar de libertad a quienes aparecieran, según la información de inteligencia, como vinculados a la subversión; se dispuso que se los interrogara bajo tormentos y que se los sometiera a regímenes inhumanos de vida, mientras se los mantenía clandestinamente en cautiverio; se concedió, por fin, una gran libertad para apreciar el destino final de cada víctima, el ingreso al sistema legal (Poder Ejecutivo Nacional o justicia), la libertad o, simplemente, la eliminación física.

Transcendencia

[editar | editar a fonte]

Polas características que tivo, a condena ás xuntas militares realizada por un goberno democrático constituíu un feito sen precedentes en América Latina, que contrastou fortemente coas transicións negociadas que tiveron lugar naqueles anos no Uruguai, Chile, o Brasil, España, Portugal e Suráfrica.

Por primeira vez militares latinoamericanos que planearon e realizaron un golpe de estado contra un goberno constitucional foron axuizados e condenados por un tribunal civil.

Xuízo á última Xunta

[editar | editar a fonte]

Os membros da última xunta e o último presidente foron procesados pola redacción do chamado Documento Final sobre a Loita contra a Subversión e o Terrorismo e a sanción dunha lei de autoamnistía. A razón xurídica utilizada para abrir este xuízo foi que con ese acto encubriuse o secuestro de nenos [6].

Os indultos do presidente Menem

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Indultos de Menem.
Sinatura de Carlos Saúl Menen.

O 29 de decembro de 1990, no marco dunha serie de indultos relacionados coa Guerra sucia na Arxentina, o presidente Carlos Menem sancionou o Decreto 2741/90 indultando aos exmembros das xuntas militares condenados en 1985.

O 6 de setembro de 2006 o xuíz Norberto Oyarbide declarou a inconstitucionalidade do Decreto 2741/90 que indultou aos membros das xuntas para procesar a Jorge Rafael Videla no caso do secuestro dos empresarios Gutheim [7]. Poucos días despois o 19 de setembro de 2006, o máximo tribunal penal da Arxentina, a Cámara de Casación Penal, declarou a inconstitucionalidade do indulto concedido ao xeneral Santiago Omar Riveros [8].

  1. Raúl Alfonsín (1983-1989), Todo Argentina
  2. "Ciangaglini, Sergio et al (1995), Nada más que la verdad: el juicio a las juntas, Bos Aires, Planeta". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2007. Consultado o 04 de novembro de 2007.  Arquivado 04 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
  3. "Entrevista a Julio César Strassera, por Armando Doria e Guillermo Durán, Revista Exactamente, Nº 16". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2006. Consultado o 10 de novembro de 2007.  Arquivado 09 de maio de 2006 en Wayback Machine.
  4. Los jueces en aquella sala, Páxina 12, 9 de decembro de 2005
  5. "“Lunes, 22 de julio de 1985”, por Jorge Luis Borges, Axencia EFE, 22 de xullo de 1985". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2005. Consultado o 27 de marzo de 2005.  Arquivado 27 de marzo de 2005 en Wayback Machine.
  6. "Una investigación que lleva tres jueces, Río Negro on line, 7 de febreiro de 2006". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2007. Consultado o 10 de novembro de 2007.  Arquivado 06 de outubro de 2007 en Wayback Machine.
  7. "Anulado el indulto que protegía al dictador argentino Jorge Videla, Periodista Digital, 6 de setembro de 2006". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 10 de novembro de 2007.  Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  8. "Tribunal sienta precedente para eliminar indultos en Argentina, Los Tiempos, 16 de setembro de 2006". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 10 de novembro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ciancaglini, Sergio; Granovsky, Martín (1995). Nada más que la verdad: el juicio a las juntas. Buenos Aires: Planeta. ISBN 950-742-664-7. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]