Julio César Strassera
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1933 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 27 de febreiro de 2015 (81 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Xuíz | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Buenos Aires |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xuíz |
Julio César Strassera, nado en Buenos Aires o 18 de setembro de 1933 e finado ibidem o 27 de febreiro de 2015, foi un avogado arxentino que foi o fiscal a cargo do xuízo ás xuntas que gobernaron a Arxentina entre 1976 e 1982.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Julio César Strassera foi o fiscal acusador que conduciu o famoso Xuízo ás Xuntas de 1985. Este xuízo, resultado do decreto número 158/83 do goberno de Raúl Alfonsín, segundo esixía o entón Código de Xustiza Militar, realizouse contra nove integrantes das Xuntas Militares (incluíndo xefes de estado) que gobernaron Arxentina durante o autodenominado “Proceso de Reorganización Nacional” entre 1976 e 1983 que terminou coa condena de cinco deles, a maior parte a cadeas de prisión perpetua. Foi o primeiro proceso masivo en contra de comandantes militares polo asasinato masivo de persoas desde os Xuízos de Nuremberg, e o único no mundo feito por tribunais civís.
O 4 de outubro de 1984 a Cámara Federal no Criminal e Correccional Federal da Capital Federal (tribunal civil) tomou a decisión de desprazar ao tribunal militar que estaba axuizando ás xuntas para facerse cargo directamente ao mesmo, como autorizaba a lei 23.049 aprobada en febreiro dese ano. Os fiscais foron Julio César Strassera asistido por Luis Gabriel Moreno Ocampo. O xuízo realizouse entre o 22 de abril e o 14 de agosto de 1985. Tratáronse 281 casos.
No xuízo Strassera realizou de viva voz a acusación pública contra os ditadores, que constitúe un documento histórico e unha peza fundamental na defensa dos dereitos humanos.
Strassera pechou a súa alegación con esta frase:
Señores jueces: quiero renunciar expresamente a toda pretensión de originalidad para cerrar esta requisitoria. Quiero utilizar una frase que no me pertenece, porque pertenece ya a todo el pueblo argentino. Señores jueces: 'Nunca más".
O 9 de decembro ditouse a sentenza condenando a Jorge Rafael Videla e Eduardo Massera a reclusión perpetua, a Roberto Viola a 17 anos de prisión, a Armando Lambruschini a 8 anos de prisión e a Orlando Ramón Agosti a 4 anos de prisión. Polas características que tivo, a condena ás xuntas militares realizada por un goberno democrático constitúe un feito sen precedentes no mundo, que contrastou fortemente coas transicións negociadas que tiveron lugar naqueles anos no Uruguai, Chile, o Brasil, España, Portugal e Suráfrica.
Despois do xuízo, Strassera foi representante arxentino ante os organismos de dereitos humanos con sede en Xenebra e con motivo dos indultos dos militares dispostos polo presidente Menem, retirouse da función pública e dedicouse a exercer a súa actividade como avogado e a participar activamente da actividade da Asemblea Permanente polos Dereitos Humanos (APDH), organización da que forma parte integrando a súa presidencia.
En 2006 defendeu no xuízo político polo que foi removido a Aníbal Ibarra do seu cargo de Xefe de Goberno da Cidade de Bos Aires a causa do incendio sucedido na discoteca Cromagnón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julio César Strassera |