Xulio Simón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1956 (68 anos) Rioxoán, España |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | mestre, investigador, escritor |
Xulio Simón Rúa, nado en Rioxoán (Valonga, Pol) o 23 de setembro de 1956, é un investigador, profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É profesor de EXB pola Escola de Maxisterio de Lugo e ten unha licenciatura en filoloxía pola Universidade de Barcelona. No 1985, realizou o Curso de Lingua e Cultura Portuguesa na facultade de Letras da Universidade de Lisboa. No 1990 participou no Curso “Didactique du Français Langue Etrangère”, na Université de Paris III Sorbonne Nouvelle. Foi profesor colaborador da Xunta de Galicia no Curso de Iniciación en Lingua Galega celebrado en París no 1990
É colaborador dende hai anos coa Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona), tanto na súa revista Lúa Nova como no programa radiofónico Sempre en Galicia que comezou a saír en antena no 1986 en Radio Cornellá. Colabora tamén co Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro que vén realizando a Asociación, formando parte do xurado[1].
A partir da década de 1980 creou unha base de datos da literatura galega xunto coa portuguesa, catalá, española e a universal que abrangue do 1850 ao 2004, que se publicou como unha wiki co nome de Xulipedia[2].
Obras
[editar | editar a fonte]- Os mosteiros de Galicia en bicicleta de montaña (1998), coautor xunto con Carlos Dopazo[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Obras gañadoras do XXXIII Premio Rosalía de Castro, en Cornellà". Axenda cultural AELG. 16 de decembro de 2019.
- ↑ "O proxecto". Xulipedia.
- ↑ "Os mosteiros de Galicia en bicicleta de montaña". Dialnet.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xulio Simón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- wiki www.xulipedia.com
- https://devellabella.com/xulio-simon-rua-por-ana-santos-solla-devellabella/
- https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/xulio-simon-proxecto-podera-seguir-construindose-coas-persoas-que-queiran-colaborar/20231021100121180354.html
- https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/audios-podcast/xulipedia-unha-cronoloxia-literaria-que-comezou-radio-revive-rede_20231120655b54b0b27615000175575a.html