Xura de Santa Gadea
A Xura de Santa Gadea é unha lenda medieval transmitida por romances como o Romance de la Jura de Santa Gadea, na que se narra o xuramento que supostamente houbo de prestar o rei Afonso VI de León na igrexa de Santa Gadea de Burgos, a finais do ano 1072, a fin de demostrar que non tomara parte no asasinato do seu propio irmán, o rei Sancho II de Castela, quen fora asasinado durante o Cerco de Zamora, que se achaba en mans da súa irmá, a infanta Urraca.
A lenda
[editar | editar a fonte]O relato difundido pola tradición conta que Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid Campeador, obrigou a Afonso VI, rei de León, de Galiza e de Castela, a xurar que non tomara parte no asasinato do seu propio irmán, o rei Sancho II, quen foi asasinado diante dos muros da cidade de Zamora no ano 1072, cidade que se achaba en mans da súa irmá, a infanta Urraca, que protexía os intereses do seu irmán Alfonso, quen se achaba refuxiado na Taifa de Toledo.
Segundo a tradición, o xuramento que houbo de prestar Alfonso tivo lugar na igrexa de Santa Gadea da cidade de Burgos, a finais do ano 1072.[1]
Mito medieval
[editar | editar a fonte]A historiografía e os estudos de literatura afirman que este feito nunca tivo lugar e que é un mito creado no século XIII, ao redor do ano 1236, tras a unión definitiva dos reinos de Castela e de León na persoa de Fernando III, fillo de Afonso VIII de León e Galiza:
Non houbo, pois, xuras na igrexa de Santa Gadea, nen enemistade do rei nen desterro por este motivo. Esas son lendas elaboradas en épocas máis tardías. Ao contrario, nun principio o Cid gozou da amizade e o favor do rei máis do que ningún outro nobre da Corte: foi colmado de privilexios, casou cunha sobriña súa, dona Ximena, foi delegado do rei en varios xuízos, aparte doutras consideracións. (Timoteo Riaño Rodríguez)
Obrigando ao rei a prestar xuramento en público, o Cid convertíase en representante dos dereitos dos casteláns, quen non sentían demasiada simpatía por Alfonso, á vez que pasaba a ser paladín da verdade, da xustiza e do ben común.[2]
A referencia máis antiga á Xura que se coñece é de Lucas de Tui [3], un século e medio despois das vidas de Afonso VI e o Cid. Non será até o último terzo do século XIII cando a lenda adquira o relevo e os detalles con que pasou a formar parte das crónicas e o romancero, e de aí ao teatro do Século de Ouro, coa súa inclusión na Leyenda de Cardeña que foi introducida na Estoria de España alfonsí cara a 1270.[4] Nos últimos anos hai máis estudos sobre este feito que puido ter lugar na igrexa de Santiago dos Cabaleiros de Zamora e non na cidade de Burgos como sostivo a tradición en base unicamente ao romancero.
En Burgos hai unha pequena localidade chamada Santa Gadea del Cid, que se chamaba Término no século XI, máis tarde foi chamada Santa Gadea, e despois foi completado o seu nome como "del Cid" no século XIX.[5]
A Xura no cine
[editar | editar a fonte]Na película O Cid, rodada no ano 1961 e protagonizada por Charlton Heston, no papel do Cid Campeador, e Sophia Loren no de Dona Ximena, hai unha secuencia na escena da Xura de Santa Gadea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑
Trátase dunha belísima e poética escenificación carente de calquera base histórica ou documental. Non precisaba Alonso VI de ningún xuramento solemne nen dunha nova proclamación en Burgos.Martínez Diez, capítulo IV, p. 71
- ↑
O Cid convértese en conciencia social e guardián do ben común, pasando a representar o "mito do cambio social, pero do cambio social asumíbel, non revolucionario", ao actuar como garante da continuidade do exercicio da autoridade, mais do exercicio correcto da mesma.García Fitz, p. 216
- ↑ Antón, Jacinto (2019-12-22). "Un Cid sin ‘Tizona’, ‘Babieca’ ni jura de Santa Gadea". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-03-19.
- ↑ Peña Pérez, pp. 124 e seguintes
- ↑ "Historia ; Santa Gadea del Cid". www.santagadeadelcid.es. Consultado o 2022-03-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Afonso VI de León
- Igrexa de Santa Gadea
- Juan Eugenio Hartzenbusch
- Rodrigo Díaz de Vivar
- Sancho II de Castela
- Lucas de Tui
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- GARCÍA FITZ, Francisco (2002). "Bibliografía Cidiana: últimas aportaciones (1999-2002)" (12). Sociedad Española de Estudios Medievales: 197–224. ISSN 1131-8155. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2022. Consultado o 19 de marzo de 2022.
- LUIS MUNTADA, Eduardo (1998). El Cid, la novela. Madrid: Ediciones Alcántara. ISBN 84-95218-01-1.
- MARTÍNEZ DIEZ, Gonzalo (2001). El Cid histórico (1ª ed.). Editorial Planeta. ISBN 84-08-03932-6.
- PEÑA PÉREZ, Francisco Javier (2005). El surgimiento de una nación: Castilla en su historia y en sus mitos. Barcelona: Editorial Crítica. ISBN 978-84-843-2664-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Exemplar en PDF do Cantar de Mío Cid. 3. Texto Modernizado, de Timoteo Riaño Rodríguez e María del Carmen Gutiérrez Aja Arquivado 18 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
- Texto do «Romance da 'Jura de Santa Gadea'»
- La Jura de Santa Gadea. Drama en tres actos e en verso de Juan Eugenio Hartzenbusch