Yonaguni (en xaponés: 与那国島 (よなぐにじま/Yonaguni-jima)), é unha das Illas Yaeyama, que se atopa nas Illas Ryukyu, e é a illa habitada máis occidental do Xapón.[1] A illa está situada a 108 km. da costa leste de Taiwán, entre o Mar da China Oriental e o océano Pacífico propiamente dito. Ten unha superficie de 28.88 km² e unha poboación de 1.745 habitantes. A illa está administrada como cidade de Yonaguni, Yaeyama Gun, Okinawa, e hai tres asentamentos: Sonai, Kubura e Higawa. Yonaguni é famoso polas ruínas submarinas.