You're My Best Friend
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
"You're My Best Friend" é un sinxelo da banda británica de rock Queen, lanzado en 1976. A canción foi escrita polo baixista John Deacon, e pertence ao álbum A Night at the Opera, de 1975.
A canción foi escrita en homenaxe á esposa de John Deacon, Veronica Tetzlaff, e salienta por estar escrita no piano, instrumento que John estaba aprendendo a tocar. Na gravación, o baixista quería que o vocalista e pianista Freddie Mercury a tocase nun piano eléctrico Wurlitzer, petición á que Mercury se negou axiña, xa que rexeitaba os pianos eléctricos. Xa que logo, foi John Deacon quen gravou o piano nesta peza.
"You're My Best Friend", que alcanzou a décimo sexta posición nas listas dos Estados Unidos, é citada xeralmente polos medios especializados como un dos cumio de toda a carreira de Queen. A revista Rolling Stone definiuna como unha das tres mellores interpretacións vocais de Freddie Mercury, xuntamente con "Bohemian Rhapsody" e "We Are the Champions".
"You're My Best Friend" foi tamén gravada nunha versión en directo en Live Killers, e figura ademais en varios discos compilatorios, como Greatest Hits, Absolute Greatest e Queen Forever.
Ficha técnica
[editar | editar a fonte]- John Deacon: baixo, piano eléctrico Wurlitzer e composición.
- Freddie Mercury: voces.
- Brian May: voces de apoio e guitarra.
- Roger Taylor: batería e voces de apoio.