Young Fresh Fellows
Young Fresh Fellows | |
---|---|
Young Fresh Fellows na Sala Capitol de Santiado de Compostela | |
Orixe | Seattle, Washington, |
Período | 1981 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo |
Membros | Scott McCaughey Chuck Carroll Tad Hutchison |
Na rede | |
youngfreshfellows.net | |
Young Fresh Fellows é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 1981 en Seattle, Washington por Scott McCaughey e Chuck Carroll. Tad Hutchison, o curmá de Chuck Carroll, uniuse ao grupo para a gravación do seu álbum de estrea en 1983.
O seu primeiro álbum foi The Fabulous Sounds of the Pacific Northwest (1984), despois do cal Jim Sangster se uniu a eles como baixista e McCaughey pasouse do baixo á guitarra. Carroll deixou a banda en 1988, e foi substituído por Kurt Bloch de The Fastbacks.
O tema "Amy Grant", unha canción cómica sobre a música cristiá contemporánea e a artista pop Amy Grant, aparecida no seu álbum The Men Who Loved Music, foi un éxito nas radios universitarias e é probablemente o seu tema máis coñecido.
A banda continua xunta, a pesar de que despois do álbum de 1996 A Tribute To Music non volvesen a editar material novo ata Because We Hate You (2001), un traballo compartido co outro grupo de McCaughey, The Minus 5. McCaughey centrouse máis en The Minus 5 dende entón, mentres que Bloch e Sangster formaron o grupo Sgt. Major, e Hutchison traballa máis no deseño e as artes visuais, ademais de actuar e gravar como Chris & Tad con Chris Ballew de The Presidents of the United States of America. Porén, os Fellows editaron I Think This Is no ano 2009 e comezaron unha xira por España no mes de outubro.
O 27 de setembro de 2010 visitarían Santiago de Compostela como abreconcertos de Mudhoney nun concerto celebrado na Sala Capitol.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
The Fabulous Sounds of the Pacific Northwest | 1984 | PopLlama Records | |
Topsy Turvy | 1985 | PopLlama Records | |
The Men Who Loved Music | 1987 | Frontier Records | |
Totally Lost | 1988 | Frontier Records | |
Beans and Tolerance | 1989 | autoeditado | |
This One's for the Ladies | 1989 | Frontier Records | |
Electric Bird Digest | 1991 | Frontier Records | |
It's Low Beat Time | 1992 | Frontier Records, Munster Records | |
A Tribute To Music | 1997 | Rock & Roll Inc. | |
Because We Hate You | 2001 | Mammoth Records | compartido con The Minus 5 |
I Think This Is | 2009 | Yep Roc Records | |
I Don't Think This Is | 2009 | Munster Records, Rock & Roll Inc. | |
Tiempo de Lujo | 2012 | Yep Roc Records |