Yua Mikami
(2018) | |
Nome orixinal | (ja) 三上悠亜 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ja) 鬼頭桃菜 16 de agosto de 1993 (31 anos) Nagoia, Xapón |
Grupo étnico | pobo xaponés |
Altura | 159 cm |
Actividade | |
Ocupación | ídolo xaponés, AV idol (pt) , YouTuber Virtual (pt) |
Período de actividade | 2009 - 16 de agosto de 2023 |
Membro de | |
Xénero artístico | J-Pop |
Representante | S1 No. 1 Style (en) |
Instrumento | Voz |
Sitio web | mikamiyua.tv |
Momona Kitō (鬼頭桃菜 Kitō Momona?)[1], nada en Nagoia o 16 de agosto de 1993 e coñecida profesionalmente como Yua Mikami (三上悠亜 Mikami Yua?) é unha cantante e actriz pornográfica xaponesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Idol tradicional 2006-2014
[editar | editar a fonte]Mikami participou con 13 anos en 2006 nunha audición para formar parte do grupo Morning Musume porén quedou eliminada na primeira rolda[2]. En marzo de 2009 debutou como membro da segunda xeración do grupo SKE48 no seu equipo E. A súa traxectoria con SKE48 foi complicada, con numerosas trabas e mesmo un descenso a kenkyuusei (aprendiz) en decembro de 2010[3], así como un escándalo por beber alcool co idol Yuya Tegoshi en xullo de 2013 antes de ter a idade legal para o consumir[4]. O 16 de marzo de 2014 anunciou a súa graduación do grupo e a súa derradeira actuación co conxunto foi o 9 de abril de 2014[5]. Durante os cinco anos que estivo co SKE48 aparece en oito caras B de sinxelos e mais na cara B do sinxelo "Gingham Check" do grupo irmán AKB4.
Entrada na industria pornográfica e volta á música
[editar | editar a fonte]A súa estrea na industria do porno foi o 1 de xuño de 2015 co nome de Yua Mikami co vídeo Princess Peach, producido por Muteki[6], un selo especializado no debut de celebridades menores e gravure idol (modelos en bikini e roupa interior) que queren dar o paso a AV Idol. Aínda que orixinalmente Mikami só pretendía facer un filme, o éxito de Princess Peach[7], segundo filme da industria porno xaponesa en vendas do ano 2015[8] fixo que permanecese como intérprete regular e o 12 de novembro de 2015 lanzou o seu sitio web oficial, así como as súas contas de Twitter e Instagram[9].
O segundo vídeo, Pleasure, apareceu o 1 de xaneiro de 2016 e foi tamén con Muteki, unha das poucas actrices en facer máis dun vídeo co estudo pola súa especialización en debuts, e ao longo dese ano realizou coa compañía algúns filmes máis. En maio gañou o premio da DMM á mellor actriz nova[8]. Poucos meses despois, en novembro de 2016 pasou a integrar S1 No. 1 Style.
No ano 2016, sen deixar a industria porno, volveu á música e o 13 de abril entrou como segunda xeración no grupo Ebisu Muscatso[10] e o 22 de novembro de 2016 quitou un sinxelo en solitario titulado Ribbon.
A popularidade de Mikami seguiu a medrar e converteuse nunha das actrices insignia de S1, cos seus filmes entre os máis vendidos, no ano 2018 estaba no número 8 das actrices AV en descargas dixitais e no 5 nas vendas de DVD/Blu-Ray [11] e en 2017 gañou o premio á mellor actriz dos DMM. Coa actriz Shoko Takahashi apareceu no filme These Two Have No Equal que se lanzou o 1 de decembro de 2018 para conmemorar o décimo aniversario de Muteki, con catro horas de duración e co acompañamento dunha versión de dúas horas de realidade virtual> foi o segundo filme AV xaponés máis vendido de 2018[12].
Mikami tamén apareceu no filme especial con motivo do 15º aniversario de S1 xunto con outros intérpretes da compañía: Tsukasa Aoi, Ayami Shunka, Moe Amatsuka, Arines Hashimoto, Eua Miharu e Nene Yoshitaka. En 2019 foi a segunda actriz AV con máis vendas, atrás de Yui Hatano[13] e con S1 No. 1 Style apareceu en máis de 100 filmes, coa inclusión de compilacións e vídeos de realidade virtual.
En 2018 formou o grupo surcoreano Honey Popcorn con Moko Sakura e Miko Matsuda[1] que lanzou o álbum Bibbidi-Bobbidi-Boo. Os medios surcoreanos criticaron á nova formación por ir contra da imaxe pura asociada ás ídolos surcoreanas[14] ao estar as súas compoñentes asociadas á industria porno e o grupo houbo de cancelar o seu concerto de estrea en Corea do Sur, mesmo unha petición con 50 000 sinaturas chegou ao executivo dese país solicitando a prohibición do grupo[15]. Matsuda, finalmente, deixou o grupo mais Mikami logrou revivilo, con tres novas integrantes e o segundo álbum De-aeseohsta saíu en xullo de 2019[16].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "三上悠亜ら「HONEY POPCORN」韓国デビュー決定". Model Press. 28 de febreiro de 2018.
- ↑ "Momona Kito Morning Musume Happy8 Audition Nagoya 1st exam". Youtube. 11 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Bosan Jadi Penyanyi, Momo Pilih Banting Setir Ikuti Miyabi Main Film Biru". Tribunn. 19 de maio de 2015.
- ↑ "NewS Tegoshi Yuya caught in scandal with SKE48 Kito Momona". allthingspop. 13 de xullo de 2013.
- ↑ "鬼頭桃菜 劇場最終公演". ske48.co.jp. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2017. Consultado o 17 de agosto de 2017. Arquivado 06 de outubro de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ "Ex-SKE48 member Momona Kito to make porn debut". Tokyo Reporter. 2 de maio de 2015.
- ↑ "Momona Kito abandons plans to end porn career". Tokyo Reporter. 5 de decembro de 2015.
- ↑ 8,0 8,1 "Yua Mikami, Hibiki Otsuki shine at DMM adult awards". Tokyo Reporter. 13 de maio de 2016.
- ↑ "【超速報】三上悠亜が公式HP開設!週刊誌でヌードグラビアも披露。ツイッター&インスタグラムも開始!本格活動スタートの兆しか?【光の速さでフォローした】". Fanza. 13 de setembro de 2015.
- ↑ "Mikami Yua". ebisu-mucats. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2017.
- ↑ "2018年最賣座AV女優出爐!「暗黑志玲」稱霸奪冠". News Yahoo. 15 de decembro de 2018.
- ↑ "2018 annual DVD Ranking Vest 100". Fanza.
- ↑ "2019 annual AV Actresses Ranking Vest 100". Fanza.
- ↑ {{Cita web|url=https://www.tokyoreporter.com/entertainment/adult-video/yua-mikami-before-entering-av-it-is-my-life-so-i-have-to-choose-myself/%7Ctítulo=Yua[Ligazón morta] Mikami before entering AV: ‘It is my life, so I have to choose myself’|xornal=Tokyo Reporter|data=24 de xuño de 2019}
- ↑ "Honey Popcorn’s existence has led to a pearl-clutching Blue House petition". Asian Junkie. 22 de marzo de 2018.
- ↑ "Honey Popcorn pushes forward: The group returns with new members and, hopefully, a hit". Korea JoongAng Daily. 5 de xullo de 2019.