ZOO (grupo musical)
ZOO | |
---|---|
ZOO no Festival A Candeloria 2016 (Lugo) | |
Orixe | Gandia, Comunidade Valenciana |
Período | 2014 - 2024 |
Xénero(s) | Hip hop Rap Ska |
Selo(s) discográfico(s) | Propaganda pel Fet! |
Membros | Toni Sánchez, Pablo Sánchez, Pasqual, Marc e Arnau |
Na rede | |
http://zoogrup.bandcamp.com/ | |
ZOO é un grupo musical valenciano en lingua catalá. Nado no 2014 e activo até mediados de 2024,[1] o seu estilo céntrase no rap, o hip hop, o rock e o ska pero tamén mestura ritmos electrónicos.[2] As letras das cancións son políticas.
Xurdiu no 2014 da man de Panxo (Toni Sánchez), exmembro de Orxata Sound System e de Sophy Zoo, grupo de rap en castelán en activo dende 2008.[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]Tempestes venen del sud foi o seu primeiro álbum, que contiña "Estiu", e foi producida pola discografía "Propaganda pel fet" e que foi lanzado o 21 de outubro do ano 2014.[4] O segundo disco, Raval, foi lanzado no 2017.[5][6] Durante o ano 2018, publicaron catro sinxelos máis: Robot, Omertà, Cançons d'ofrena e Karrer de l'amargura (Basque remix). Todos os sinxelos de 2018 foron recompilados no EP EP2K18.
- Álbums
- Tempestes venen del sud (2014)
- Esbarzers i camins (2016)
- Raval (2017)
- EP2K18 (2018)
- Llepolies (2021)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Zoo diu adeu després de deu anys triomfant amb música en valencià". À Punt (en catalán). 7 de xaneiro de 2024. Consultado o 7 de xaneiro de 2024.
- ↑ Pérez de Ziriza, Carlos (20 de novembro de 2014). El País, ed. "La batedora rítmica de Zoo: vida efervescent més enllà d'Orxata". Consultado o 22 de setembro de 2017.
- ↑ "Sophy Zoo a HHGroups" (en Castelán). Consultado o 18 de maio de 2015.
- ↑ "Hola Zoo Posse, adéu Orxata Sound System". 10 de novembro de 2014.
- ↑ Josep Isern, Joan (23 de marzo de 2017). "Sobre “Raval”, el nou disc dels valencians Zoo.". VilaWeb. Consultado o 22 de setembro de 2017.
- ↑ "Zoo Raval". Enderrock. 24 de marzo de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en catalán)