Zapatiño quieto é
Aparencia
Zapatiño quieto é é un xogo popular que se practica sen necesidade de ter ningún material. Un dos xogadores apanda e colócase contra unha parede e os demais detrás del a unha distancia predeterminada. Quen apanda repite a frase Zapatiño quieto é e cando remata de pronunciala pode darse a volta, co gallo de pillar ó resto de compañeiros movéndose. Cando estes son sinalados por quen apanda, volverán á distancia inicial dende onde partiron. Gaña quen chegue primeiro a quen apanda, e pasa entón a substituílo.
Outras expresións
[editar | editar a fonte]Outras frases que se poden recitar no canto de Zapatiño quieto é son:
- Unha, dúas e tres, poliño inglés (que é outro dos nomes do xogo) [1]
- Un, dous, tres, volta atrás quen move o pé [2]
Nomes noutras linguas
[editar | editar a fonte]- castelán: Un, dos, tres, chocolate inglés; Las estatuas de marfil; Escondite inglés; Un, dos, tres ¡pica pared!; Un, dos, tres, palito inglés; Un dos tres, queso
- italiano: Un, due, tre, stella
- catalán: U, dos, tres, pica la paret!
- francés: Un, deux, trois, soleil
- inglés: Red light/Green light
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ricardo Pérez y Verdes e Xaquín Alberto Tabernero Balsa: Xogos populares en Galicia. Santiago de Compostela: Edicións Lea (1997).
- Antón Cortizas: Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares. Vigo: Edicións Xerais de Galicia (2001).