Zekeria Ebrahimi
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1996 (28 anos) Estado Islámico de Afganistán |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema |
Zekeria Ebrahimi, nado o 9 de xaneiro de 1996, é un actor afgán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ebrahimi é coñecido polo seu papel no filme de 2007 The Kite Runner, no cal interpreta a personaxe de Amir cando era neno.
Recibiu moita atención dos medios de comunicación pola súa interpretación, tanto polo seu talento como actor como pola polémica que espertou no seu país o papel que fixo.[1] Tivo que cambiar de escola despois de que os seus compañeiros hazaras o ameazasen de morte,[2] e Paramount Pictures foi eventualmente forzado a trasladar a tres dos nenos da rodaxe ós Emiratos Árabes Unidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ NPR.org (ed.). "'Kite Runner' Star's Family Feels Exploited By Studio" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2018.
- ↑ Soraya Sarhaddi Nelson (2 de xullo de 2008). All Things Considered, ed. "'Kite Runner' Star's Family Feels Exploited By Studio". National Public Radio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Zekeria Ebrahimi na IMDb (en inglés).