Saltar ao contido

Zhùyīn fúhào

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Zhùyīn Fúhào»)
Alfabeto Zhuyin (Bopomofo) mostrado por orde de trazos (vermello, verde, azul respectivamente)

Zhùyīn Fúhào (注音符號), ou "Símbolos para anotar sons", ás veces abreviado como Zhuyin, é o sistema fonético usado na República da China para transcribir chinés, especialmente o mandarín padrón, e como axuda para ensinar a ler, escribir e falar mandarín.

O sistema usa 37 símbolos especiais para representar cada un deles un son ou grupos de sons do mandarín: 21 consoantes e 16 vogais. Cada símbolo representa un grupo de símbolos sen moita ambigüidade.

Tamén é coñecido como Bopomofo (ㄅㄆㄇㄈ), ou incluso "bopomo", debido ás primeiras letras deste alfabeto fonémico chinés (bo po mo fo).

A Comisión da Unificación da Pronunciación, dirixida por Woo Tsin-hang de 1912 a 1913, creou un sistema chamado Gouyin Zimu (國音字母 "Letras de Pronunciación Nacional") ou Zhuyin Zimu (註音字母 ou 注音字母 "Letras de anotación de sons") que se baseaban na taquigrafía de Zhang Binglin. Un borrador foi presentado o 11 de xullo de 1913 polo Ministerio Nacional de Educación da República da China, mais non foi oficialmente proclamado ata o 23 de novembro de 1918. O Zhuyin Zimu foi renomeado a Zhuyin Fuhao en abril de 1930. O uso do Zhuyin Fuhao continuou despois de 1949 en Taiwán e as demais illas baixo a soberanía da República da China. Na China continental, o Zhuyin Fuhao foi substituído polo sistema pinyin promulgado pola República Popular da China.

O Ministerio de Educación da República da China intentou por varios anos en eliminar gradualmente o uso do Zhuyin en favor dun sistema baseado en caracteres romanos, o MPS II. Así e todo, esta transición foi extremadamente lenta debido á dificultade en ensinar aos mestres das escolas básicas un novo sistema romanizado.

Orixe dos símbolos

[editar | editar a fonte]

Non existe un documento oficial que explique os detalles das orixes dos caracteres, mais son fáciles de identificar se un entende algúns caracteres chineses básicos. Os símbolos zhuyin son principalmente fragmentos de caracteres que conteñen o son que cada símbolo representa. Por exemplo:

  • ㄅ (b) ← 包 (bāo)
  • ㄋ (n) ← 乃 (nǎi)
  • ㄒ (x) ← 下 (xià)
  • ㄙ (s) ← 私 (sī)
  • ㄝ (ê) ← 也 (yě)
  • ㄞ (ai) ← 亥 (hài)
  • ㄟ (ei) ← 飛 (fēi)
  • ㄦ (er) ← 兒 (ér)

Uns poucos foron feitos engadíndolle trazos adicionais, por exemplo:

  • ㄉ (d) ← 刀 (dāo)
  • ㄌ (l) ← 力 (lì)
  • ㄘ (c) ← 七 (cī, agora )

Uns poucos son virtualmente idénticos aos caracteres chineses aínda en uso, por exemplo:

  • ㄧ (i) ← 一 (yī)
  • ㄚ (a) ← 丫 (yā)

Moitos son case idénticos a radicais cos mesmos sons, por exemplo:

  • ㄆ (p) ← 攵 (pū)
  • ㄇ (m) ← 冂 (jiōng) que non ten o mesmo son, mais existe en 冒 (mào) e 冪 (mì)
  • ㄈ (f) ← 匚 (fāng)
  • ㄎ (k) ← 丂 (kǎo)
  • ㄏ (h) ← 厂 (hǎn)
  • ㄗ (z) ← 卩 (zié, agora jié)
  • ㄕ (sh) ← 尸 (shī)
  • ㄤ (ang) ← 尢 (wāng)
  • ㄩ (ü) ← 凵 (qū)
  • ㄡ (ou) ← 又 (yòu)
  • ㄖ (r) ← 日 (rì)
  • ㄔ (chi) ← 彳 (chì)

Outros símbolos, principalmente vogais, están baseados parcial ou totalmente en variantes obsoletas de caracteres, por exemplo:

  • ㄅ (b) ← 勹 (bāo); forma antiga de 包
  • ㄨ (u) ← 五 (wǔ); probabelmente un derivado da escritura do selo 篆文
  • ㄓ (zh) ← 之 (zhī); tamén un derivado da variante da escritura do selo.
  • ㄠ (ao) ← 么 (yāo); least, root of 麼

Zhuyin vs. Tongyong Pinyin e Hanyu Pinyin

[editar | editar a fonte]

O Zhuyin e o Pinyin baséanse nas mesmas pronunciacións do Mandarín, polo que hai practicamente unha correspondencia 1 a 1 entre os dous sistemas. Na táboa de embaixo, as columnas do 'zhuyin' e 'pinyin' mostran a equivalencia.

【】representa a forma usada en combinación con outros símbolos.
Zhuyin vs. Pinyin
Zhuyin Tongyong Pinyin Hanyu Pinyin Wade-Giles Exemplo(Zhuyin, Tongyong)
b b p   八 (ㄅㄚ, ba)
p p p' 杷 (ㄆㄚˊ, pa)
m m m 馬 (ㄇㄚˇ, ma)
f f f 法 (ㄈㄚˋ, fa)
d d t 地 (ㄉㄧˋ, di)
t t t' 提 (ㄊㄧˊ, ti)
n n n 你 (ㄋㄧˇ, ni)
l l l 利 (ㄌㄧˋ, li)
g g k 告 (ㄍㄠˋ, gao)
k k k' 考 (ㄎㄠˇ, kao)
h h h 好 (ㄏㄠˇ, hao)
j j ch 叫 (ㄐㄧㄠˋ, jiao)
c q ch' 巧 (ㄑㄧㄠˇ, ciao)
s x hs 小 (ㄒㄧㄠˇ, siao)
jhih 【jh】 zhi 【zh】 chih 【ch】   主 (ㄓㄨˇ, jhu)      
chih 【ch】 chi 【ch】 ch'ih 【ch'】 出 (ㄔㄨ, chu)
shih 【sh】 shi 【sh】 shih 【sh】 束 (ㄕㄨˋ, shu)
rih 【r】 ri 【r】 jih 【j】 入 (ㄖㄨˋ, ru)
zih 【z】 zi 【z】 tzû 【ts】 在 (ㄗㄞˋ, zai)
cih 【c】 ci 【c】 tz'û 【ts'】 才 (ㄘㄞˊ, cai)
sih 【s】 si 【s】 ssû 【s】 塞 (ㄙㄞ, sai)
yi 【i】 yi 【i】 yi 【i】 逆 (ㄋㄧˋ, ni)
wu 【u】 wu 【u】 wu 【u】 努 (ㄋㄨˇ, nu)
yu 【u, yu】 yu 【u, ü】 yü 【ü】 女 (ㄋㄩˇ, nyu)
a a a 大 (ㄉㄚˋ, da)
o o o 多 (ㄉㄨㄛ, duo)
e e e   得 (ㄉㄜˊ, de)
e ê eh 爹 (ㄉㄧㄝ, die)    
ai ai ai 晒 (ㄕㄞˋ, shai)
ei ei ei 誰 (ㄕㄟˊ, shei)
ao ao ao 少 (ㄕㄠˇ, shao)
ou ou ou 收 (ㄕㄡ, shou)
an an an 山 (ㄕㄢ, shan)
en en en 申 (ㄕㄣ, shen)
yin 【in】 yin 【in】 yin 【in】 音 (ㄧㄣ, yin)
wun 【un】 wen 【un】 wen 【un】 文 (ㄨㄣˊ, wun)
yun 【un, yun】 yun 【un】 yün 【ün】 韻 (ㄩㄣˋ, yun)
ang ang ang 上 (ㄕㄤˋ, shang)
eng eng eng 生 (ㄕㄥ, sheng)
ying 【ing】 ying 【ing】 ying 【ing】 英 (ㄧㄥ, ying)
wong 【ong】 weng 【ong】 ng 【ung】 翁 (ㄨㄥ, wong)
yong yong 【iong】 yung 【iung】 永 (ㄩㄥˇ, yong)
er er erh 而 (ㄦˊ, er)

As letras do dialecto úsanse para escribir sons que non se atopan no Mandarín padrón (non todos os navegadores web poden mostrar estes caracteres, vaia ás #Ligazóns externas para ver imaxes PDF.) A táboa debería lerse de esquerda a dereita, fila por fila, e non columna por columna.

SimbNome SimbNome SimbName
V  Ng Gn

Bopomofo estendido para Min-nan e Hakka

SimbNome SimbNome SimbName CharName
Bu  Oo  Im  Ong
Zi  Onn Ngg  Innn
Xi  Ir  Ainn  Final P
Gu  Ann Aunn  Final T
Ee  Inn Am  Final K
Enn Unn Om  Final H