Taiwán
中華民國 (zh-tw) Tiong-hoâ Bîn-kok (nan-latn-pehoeji) Chûng-fà Mìn-koet (hak) taiwan (pwn) Tiong-huâ-bîn-kok (nan-latn-tailo) 中華民國 (nan-hant) 臺灣 (zh-tw) 台灣 (nan-hant) Tâi-oân (nan-latn-pehoeji) ![]() | |||||||||||||||||
Himno | Himno nacional de Taiwán (1928) ![]() | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Territorio reivindicado por | República Popular da China (1949–) ![]() | ||||||||||||||||
Capital | Taipei (1949–) ![]() | ||||||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||
Poboación | 23.409.323 (2024) ![]() | ||||||||||||||||
Número de fogares | 9.323.985 (2024) ![]() | ||||||||||||||||
Lingua oficial | mandarín taiwanés Taiwanese Hakka (en) ![]() Língua taiwanesa (pt) ![]() Lingua amis Lingua paiwan Kinmen dialect (en) ![]() O-ku-uā (en) ![]() Matsu dialect (en) ![]() língua de sinais de Taiwan (pt) ![]() Língua saisiyat (pt) ![]() Puyuma (en) ![]() Lingua atayal Língua tsou (pt) ![]() Língua bunun (pt) ![]() Lingua rukai Truku (en) ![]() Lingua seediq Lingua sakizaya Língua yami (pt) ![]() Língua kavalan (pt) ![]() Língua kanakanavu (pt) ![]() Língua saaroa (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||
Relixión | budismo, Taoísmo e Relixión tradicional chinesa ![]() | ||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||
Parte de | |||||||||||||||||
Superficie | 36.193 km² ![]() | ||||||||||||||||
Auga | 10,3 % ![]() | ||||||||||||||||
Bañado por | Mar da China Oriental, Estreito de Taiwán, Canal de Bashi (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||
Punto máis alto | Yu Shan (3.952 m) ![]() | ||||||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||||||
Creación | 1 de xaneiro de 1912 ![]() | ||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||
Forma de goberno | República semipresidencialista democracia (1996–) república constitucional ![]() | ||||||||||||||||
• Presidente da República da China ![]() | Lai Ching-te (2024–) ![]() | ||||||||||||||||
Órgano executivo | Yuan Executivo (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||
• Premier of the Republic of China (en) ![]() ![]() | Cho Jung-tai (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||
Órgano lexislativo | Legislativo Yuan (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of the Republic of China (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||
Moeda | novo dólar taiwanês (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||
Dominio de primeiro nivel | .tw ![]() | ||||||||||||||||
Prefixo telefónico | +886 ![]() | ||||||||||||||||
Teléfono de emerxencia | 119, 110 e 112 ![]() | ||||||||||||||||
Código de país | TW ![]() | ||||||||||||||||
Sitio web | gov.tw ![]() | ||||||||||||||||
![]() |
A República da China (en chinés tradicional: 中華民國; pinyin: ZhongHuá MínGuó; Wade-Giles: Chung Hua Min Kuo), coñecida polo xeral como Taiwán[1][2] (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 14 países. Non é recoñecida pola maioría dos países do mundo, aínda que tivo e ten relacións económicas e militares con moitos deles.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa estivo controlada entre 1624 e 1662 polos holandeses ata que foron expulsados por Cheng Cheng-Kung (鄭成功) (tamén coñecido por Koxinga), un antigo pirata ás órdes da dinastía Ming, organizando a primeira vaga de colonizadores chineses na illa, que desprazarían gradualmente os habitantes orixinais cara ó interior. Trala Guerra chino-xaponesa de 1894-1895, a China foi obrigada a ceder Taiwán ao Xapón a perpetuidade.
Tras a fin da segunda guerra mundial en 1945, o Xapón aceptou os termos da Conferencia de Potsdam que facían referencia á Conferencia do Cairo pola cal a illa retornaba á China. As tropas recentemente chegadas masacraron a uns 30.000 nativos, posteriormente chegaron dous millóns de refuxiados dende o continente, trala derrota na guerra civil a mans das forzas do Partido Comunista Chinés, comandadas por Mao Tse Tung. No tratado de paz de San Francisco que entrou en vigor o 28 de abril de 1952, Xapón renunciou formalmente á soberanía sobre a illa e sobre as Illas Pescadores. O tratado non facía referencia a quen debería entregarse a illa, o cal serviu como xustificación ós partidarios da independencia da illa.
O Kuomintang mantivo unha ditadura ata 1991, primeiro dirixida por Chiang Kai-shek, sucedido á súa morte polo seu fillo Chiang Ching-kuo, e despois por Lee teng-hui. Ata 1987 mantívose o estado de guerra, Taiwán foi o representante oficial da China na ONU ata 1979. Nos anos noventa asístese á progresiva democratización da illa, culminando nas eleccións do ano 2000, en que por primeira vez o KMT é derrotado, accedendo á presidencia Chen Shui-bian.
Organización político-administrativa
[editar | editar a fonte]Oficialmente Taiwán segue considerándose a si mesma como a verdadeira representante de toda a China, polo que legalmente segue sendo unha provincia máis.
Tanto a constitución da República Popular da China como a da República da China, o réxime que exerce a soberanía real sobre a illa, consideran o territorio de Taiwán e as Illas Pescadores como unha provincia da China.
Na propia illa, o feito de que desde 1949 o territorio baixo soberanía da República da China coincida case na súa totalidade co da Provincia de Taiwán provocou unha situación paradoxal de duplicidade burocrática, ao solaparse as administracións provincial e nacional. Esta situación levou nos últimos anos a unha progresiva eliminación das institucións provinciais. Ademais, as cidades de Taipei e Kaohsiung son na actualidade independentes do goberno provincial de Taiwán, atopándose baixo administración directa do goberno central.
A República Popular da China, aínda que reivindica este territorio como provincia propia, nunca exerceu a soberanía política sobre este.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa de Taiwán está situada a 200 quilómetros ó sueste da China continental, separadas polo estreito de Taiwán. Existe un contraste entre os dous terzos orientais da illa, cun terreo moi montañoso, con cinco cordilleiras dispostas de norte a sur, culminando no pico Iu Shan a 3.952 metros. A zona chá está na costa occidental, onde se concentra case toda a poboación.
O clima de Taiwán é tropical marítimo. A estación das choivas dura dende xuño ata agosto afectada polo monzón do suroeste. Son frecuentes os Tifóns e os terremotos na illa.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Taiwán.
A chegada de chineses de clase media e alta en 1949, tradicionalmente dedicados ó comercio, os investimentos xaponeses e os de Estados Unidos, converteron a Taiwán nun dos novos países industrializados. O país adaptouse ben á Crise de 1973, reconvertendo as súas industrias ó sector das altas tecnoloxías, e hoxe é un dos primeiros fabricantes mundiais de microprocesadores.
Recentemente Taiwán pasou a converterse nun dos maiores investidores na República Popular da China. Estas relacións económicas víronse reforzadas en 2014 coa entrada en vigor do acordo de Libre Comercio entre a China e Taiwán.
Demografía
[editar | editar a fonte]Case tódolos taiwaneses son descendentes de emigrantes da China continental, chegados nos séculos XVII e XIX e sobre todo en 1949, cando os partidarios do Kuomintang se refuxiaron na illa.
Dos habitantes orixinarios da illa (malaio-polinesios), só uns 370.000 sobreviven nas zonas montañosas do interior da illa.
Cultura
[editar | editar a fonte]Lingüisticamente, a illa de Taiwán está considerada o berce das linguas malaio-polinesias, xa que dos catro grupos nos que se divide a familia todos están presentes na illa e un deles é a orixe do resto de linguas que se falan en Madagascar, Indonesia, Filipinas e a Polinesia.
Deporte
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Taipei chinés nos Xogos Olímpicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para taiwanés.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do goberno (en inglés)
- Directorio oficial (en inglés)
- Radio Taiwan Internacional
- Relacións entre Taiwán e a UE (en francés)