Zineb Hattab
(2020, Zürich) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1989 (35 anos) Blanes (España) |
Actividade | |
Ocupación | chef, enxeñeira de software |
Zineb Hattab, nada en Blanes, Xirona o 23 de xullo de 1989, tamén coñecida como Zizi Hattab, é unha enxeñeira de software e chef catalá de orixe marroquí e propietaria do restaurante vegano KLE en Zürich, Suíza.[1][2] Hattab foi escollida como "descubrimento do ano"[3] por Gault Millau no ano de apertura do seu restaurante en 2020 e foi a primeira chef vegana en Suíza en recibir unha estrela verde Michelin.[4] A cociña de Hattab salienta polos seus sabores intensos e pratos complexos e equilibrados nun ambiente informal.[5][6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Zineb Hattab naceu o 23 de xullo de 1989 en Blanes, Xirona, filla de pais inmigrantes de Marrocos que chegaron de forma ilegal ao país para posteriormente fincarse na Costa Brava durante a década de 1980. Medrou en Blanes, unha pequena vila a carón do mar Mediterráneo.[7][8]
En 2007, Hattab mudouse a Barcelona para estudar enxeñaría.[9][10] Durante os seus estudos, viviu nun piso de estudantes onde comezou a cociñar para os seus amigos e familiares.[11][12]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]En 2012, Zineb Hattab trasladouse a Suíza onde traballou durante dous anos como desenvolvedora de software nunha empresa de enxeñaría.[13][14][15] En 2014, á idade de 24 anos, decidiu deixar a súa vida empresarial e comezou unha nova carreira como cociñeira.[13] Traballou en Osteria Francescana de Massimo Bottura, Nerua de Josean Alija e El Celler de Can Roca dos irmáns Roca.[16][17] Tamén traballou para Andreas Caminada en Schloss Schauenstein.
En 2017, Hattab mudouse a Nova York, onde pasou un tempo en Blue Hill[18] e traballou baixo a dirección do chef Enrique Olvera no restaurante Cosme.[19] Despois de 2 anos traballando en Nova York, regresou a Suíza para abrir o seu propio restaurante.[20]
En xaneiro de 2020, Zineb Hattab abriu KLE, un pequeno restaurante en Zürich Wiedikon con boa cociña e un menú completamente vegano.[21] Só unhas semanas despois da súa apertura, Gault&Millau premiouno con 14 puntos e nomeou a Hattab como “Chef do Mes”.[22] Durante 2021, KLE recibiu 15 puntos Gault Millau[23] e converteuse no primeiro restaurante vegano suízo galardoado cunha estrela verde Michelin.[24]
En outubro de 2021, Hattab abriu a súa segunda localización DAR cun restaurante e un bar de cócteles.[25][26]
Galardóns e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2020: Gault Millau, Descubrimento do ano[27][28]
- 2020: Gault Millau, 14 puntos[29]
- 2020: Gault Millau e American Express, Talentos 2020[30]
- 2021: Gault Millau, 15 puntos[31][32]
- 2021: Guía Michelin, Estrela Verde[33]
- 2022: Guía Michelin, Estrela Michelin
- 2022. Lista The World's 50 Best Restaurants na categoría “pioneiros da hostelaría.[34]
- 2022: N.º 23 da clasificación As 25 mellores chef de España.[35]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- The Taste of Love[36]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Man hätte mir wohl einen Topf an den Kopf geworfen". Schweizer Illustrierte (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
- ↑ "Die verrückte Karriere der Zizi Hattab". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
- ↑ "Hattab & Rösch: Die vegane Revolution". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
- ↑ Burton, Monica (2021-02-02). "Michelin Announces 2021 Stars for Switzerland". Eater (en inglés). Consultado o 2023-03-06.
- ↑ Kuehn, Alexander (13 de xullo de 2020). "Restaurant of the week: Kle". Falstaff.
- ↑ Ding, Harry (30 de xuño de 2020). "Kle: Strong aromas, perfect craftsmanship and a feminine signature". Harrys Ding.
- ↑ "Man hätte mir wohl einen Topf an den Kopf geworfen". Schweizer Illustrierte (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
- ↑ "Die verrückte Karriere der Zizi Hattab". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
- ↑ "Man hätte mir wohl einen Topf an den Kopf geworfen". Schweizer Illustrierte (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
- ↑ "Die verrückte Karriere der Zizi Hattab". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
- ↑ "#2 - Zineb Hattab, from engineering to haute (vegan) cuisine Brillantes.". Consultado o 2023-03-06.
- ↑ King, Ryan (2021). "From Professor to Chef". Fine Dining Lovers.
- ↑ 13,0 13,1 Holder, Barbara (febreiro de 2020). "Vegan with Passion". Schweizer Illustrierte.
- ↑ "Die verrückte Karriere der Zizi Hattab". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
- ↑ "Profi mit Prinzipien". Salz & Pfeffer (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-06.
- ↑ "Die verrückte Karriere der Zizi Hattab". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
- ↑ "#2 - Zineb Hattab, from engineering to haute (vegan) cuisine | Brillantes.". Consultado o 2023-03-06.
- ↑ du Sartel, Jeanne (1 de setembro de 2020). "Zineb Hattab, from engineering to haute (vegan) cuisine". Brillantes.
- ↑ "Die verrückte Karriere der Zizi Hattab". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
- ↑ "Profi mit Prinzipien". Salz & Pfeffer (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-06.
- ↑ Hüberli, Tobias (13 de outubro de 2020). "Profi mit prinzipien". Salz & Pfeffer. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2023. Consultado o 16 de marzo de 2023.
- ↑ "«Kle»: Caminada- Schülerin Zizi mags vegan". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
- ↑ "GaultMillau 2022: Infos & Bilder für Medien". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
- ↑ Burton, Monica (2021-02-02). "Michelin Announces 2021 Stars for Switzerland". Eater (en inglés). Consultado o 2023-03-06.
- ↑ Borner, Oliver (27 de setembro de 2021). "Zizi Hattab opens a second restaurant". Gastrojournal.
- ↑ Baltisberger, Kathia (22 de setembro de 2021). "Zizi Hattab eroffnet ein zweites restaurant". Gault Millau.
- ↑ Baltisberger, Kathia (17 de novembro de 2020). "Hattab & Rösch: Die vegane Revolution". Gault Millau.
- ↑ Baltisberger, Kathia (24 de decembro de 2020). "Veganer sind nicht radikal". Gault Millau.
- ↑ Grob, Pascal (23 de febreiro de 2020). "Kle: Caminada student Zizi likes vegan". Gault Millau.
- ↑ Schnapp, David (8 de xullo de 2020). "The crazy career of Zizi Hattab". Gault Millau.
- ↑ "GaultMillau 2022: Information & images for the media". Gault Millau. 29 de novembro de 2021.
- ↑ "Gault&Millau: KLE". Gault Millau. 2021.
- ↑ Burton, Monica (2 de febreiro de 2021). "Michelin Announces 2021 Stars for Switzerland". Eater.
- ↑ "50 Next 2022: descubre a los protagonistas del futuro de la gastronomía". www.finedininglovers.com (en castelán). Consultado o 2023-03-04.
- ↑ Anido, Fruela Zubizarreta;Marina García;Fernando (2022-10-20). "Las 25 mejores chefs de España". vanitatis.elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2023-03-04.
- ↑ Hattab, Zineb (2022). The Taste of Love. Lübbe. ISBN 978-3404174683. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2023. Consultado o 16 de marzo de 2023.