Zoonomia
Zoonomia, cuxo título completo é Zoonomia; or the Laws of Organic Life, (1794–96) é unha obra en dous volumes de Erasmus Darwin que trata sobre patoloxía, anatomía, psicoloxía e o funcionamento do corpo. Está enmarcado principalmente na psicofisioloxía asociacionista.[1] Hoxe en día, o libro lémbrase principalmente por expresar algunhas das primeiras ideas sobre a teoría da evolución, especificamente formas de desenvolventismo similares ás do lamarckismo.[1][2] Porén, malia a conexión familiar de Erasmus Darwin como avó de Charles Darwin, as ideas protoevolucionistas que se encontran en Zoonomia non tiveron unha influencia duradeira.[3][4]
Resumo
[editar | editar a fonte]O primeiro volume, publicado en 1794, divídese en 40 capítulos, tratando diversos temas relacionados co corpo, os sentidos e as enfermidades. Clasifica os movementos corporais e sensoriais como "irritativos", "sensoiais", "voluntarios" e "asociativos". Presenta teorías sobre a produción e clases de ideas, e busca explicar as causas e mecanismos do sono, ensoñación, vértixe e embriaguez. Despois discute a anatomía, especialmente o funcionamento do sistema circulatorio e varias glándulas. O capítulo 29, "The Retrograde Motions of the Absorbent Vessels" (Os movementos retrógrados dos vasos absorbentes), é a tradución de Erasmus Darwin da última monografía do seu fillo Charles Darwin (tío do evolucionista Charles Darwin). A estes capítulos anatómicos séguenlles catro capítulos sobre doenzas, que se basean na súa clasificación dos catro tipos de movemento para identificar catro tipos de doenzas: as doenzas de iritación, de sensación, de volición e de asociación. Dous capítulos, "Of the Oxygenation of the Blood in the Lungs and Placenta" (Da oxixenación do sangue nos pulmóns e placenta) e "Of Generation" (Da xeración) desenvolven as súas teorías sobre a reprodución humana, incluíndo observacións relacionads coa evolución. O capítulo final do primeiro volume é unha reimpresión dun artigo doutro dos fillos de Erasmus Darwin, Robert Darwin (pai do evolucionista Charles Darwin), sobre o espectro ocular.
O segundo volume, publicado en 1796, está centrado na clasificación das doenzas en clases, ordes e xéneros. O libro está dividido en catro grandes capítulos baseados nas súas catro clases de doenzas: doenzas de irritación, sensación, volición e asociación. Por medio de entradas ao estilo enciclopédico sobre varias doenzas, explica os seus síntomas e mecánica subxacente, o que vai seguido de suxestións para o seu tratamento. Despois das catro clases de doenzas, E. Darwin presenta unha longa explicación da súa propia teoría da febre, na cal di que "pode denominarse teoría simpática das febres, para distinguila da teoría mecánica de Boerhaave, a teoría espasmódica de Hoffman e Cullen, e a teoría pútrida de Pringle."[5] Despois proporciona unha listaxe sistemática de "materia médica", ou "substancias, que poden contribuír á restauración da saúde."[5] Estas substancias divídense en sete clases: nutrientia, incitantia, secernentia, sorbentia, invertentia, revertentia, e torpentia.
Relevancia para a evolución
[editar | editar a fonte]O historiador da ciencia e biólogo Stephen Jay Gould dixo que "Zoonomia debe a súa reputación moderna a uns poucos pasaxes breves que consideran a transmutación orgánica favorablemente."[2]
Citas clave
[editar | editar a fonte]Meditatando así na gran semellanza da estrutura dos animais de sangue quente, e ao mesmo tempo dos grandes cambios que sufriron tanto antes coma despois do seu nacemento; e considerando como nunha porción diminuta de tempo se produciron moitos dos cambios dos animais antes descritos; sería demasiado atrevido imaxinar, que nun período longo de tempo, desde que a Terra empezou a existir, quizais millóns de anos...que todos os animais de sangue quente se orixinaron dun filamento vivo, coa GRAN PRIMEIRA CAUSA dotada de animalidade... e así posuíndo a facultade de mellorar continuamente pola súa propia acividade inherente, e de transmitir esas melloras por xeración á súa posteridade, polos séculos dos séculos?...From thus meditating on the great similarity of the structure of the warm-blooded animals, and at the same time of the great changes they undergo both before and after their nativity; and by considering in how minute a proportion of time many of the changes of animals above described have been produced; would it be too bold to imagine, that in the great length of time, since the earth began to exist, perhaps millions of years...that all warm-blooded animals have arisen from one living filament, which THE GREAT FIRST CAUSE endued with animality...and thus possessing the faculty of continuing to improve by its own inherent activity, and of delivering down those improvements by generation to its posterity, world without end?...
Diremos entón que o filamento vivo vexetal era orixinalmente diferente do da tribo dos animais antes descrita? E que o filamento vivo produtivo de cada unha desas tribos era diferente orixinalmente dos outros? Ou, como a terra e o océano estaban probablemente poboados de producións vexetais moito antes da existencia dos animais... faremos a conxectura de que un filamento vivo e do mesmo tipo é e foi a causa de toda a vida orgánica?Shall we then say that the vegetable living filament was originally different from that of each tribe of animals above described? And that the productive living filament of each of those tribes was different originally from the other? Or, as the earth and ocean were probably peopled with vegetable productions long before the existence of animals...shall we conjecture that one and the same kind of living filament is and has been the cause of all organic life?
Herdanza dos caracteres adquiridos
[editar | editar a fonte]En Zoonomia, Erasmus Darwin era partidario da herdanza dos caracteres adquiridos. Afirmou que "Desde o seu primeiro rudimento ou primordio ao termo das súas vidas, todos os animais sofren perpetuas transformacións; as cales son en parte producidas polos seus propios esforzos como consecuencia dos seus desexos e aversións, dos seus praceres e sufrimentos, ou de irritacións, ou de asociacións; e moitas destas formas adquiridas ou propensións son transmitidas á súa posteridade [descendencia]."[7] Estas afirmacións son similares ás ideas de Lamarck sobre evolución (ver lamarckismo).[8]
Darwin avogaba por unha hipótese de panxénese na terceira edición de Zoonomia.[9]
Influencia
[editar | editar a fonte]O poeta romántico inglés William Wordsworth usou a Zoonomia de E. Darwin como fonte para o poema "Goody Blake and Harry Gill", publicado no libro Lyrical Ballads (1798).[10]
Zoonomia é o nome dun proxecto de aliñamento de secuencias xenómicas, que trata de explorar as bases xenéticas dos caracteres herdables, a conservación da biodiversidade e as doenzas humanas.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Elliott, Paul (2003-03-01). "Erasmus Darwin, Herbert Spencer, and the Origins of the Evolutionary Worldview in British Provincial Scientific Culture, 1770–1850". Isis 94 (1): 1–29. ISSN 0021-1753. PMID 12725102. doi:10.1086/376097.
- ↑ 2,0 2,1 Gould, Steven Jay (1993). "Male Nipples and Clitoral Ripples". Columbia: A Journal of Literature and Art (20): 80–96. ISSN 0161-486X. JSTOR 41807146.
- ↑ "Evolution - History of evolutionary theory". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2021-02-26.
- ↑ Gillispie, Charles Coulston (1960). The Edge of Objectivity: An Essay in the History of Scientific Ideas. Princeton University Press. p. 306. ISBN 0-691-02350-6.
- ↑ 5,0 5,1 Darwin, Erasmus (1796). Zoonomia. Londres: J. Johnson. p. 657.
- ↑ Zoonomia Sect 39.4.8 of Generation
- ↑ Darwin, Erasmus (1803). Zoonomia. Boston: D. Carlisle. p. 349.
- ↑ Zirkle, Conway. (1935). The Inheritance of Acquired Characters and the Provisional Hypothesis of Pangenesis. The American Naturalist 69: 417-445.
- ↑ Deichmann, Ute. (2010). Darwinism, Philosophy, and Experimental Biology. Springer. p. 42. ISBN 978-90-481-9901-3 "Entre os outros autores estaba Buffon, que propoñía "moléculas orgánicas" con afinidades por varios órganos, e, en especial, Erasmus Darwin, que en 1801 anticipou o concepto do seu neto da panxénese, suxerindo que se desprendían pequenas partículas de partes dos corpos de ambos os proxenitores; e que circulaban polo sangue, acabando nos órganos sexuais, onde podían combinarse durante a reprodución para formar o núcleo dun descendente."
- ↑ Wu, Duncan (2003). Wordsworth: An Inner Life. Wiley-Blackwell. pp. 97–98. ISBN 1-4051-1369-3. Ver tamén: Averill, james. (1978). "Wordsworth and 'Natural Science': The Poetry of 1798." Journal of English and Germanic Philology. 77(2). 232–46.
- ↑ "The Project – Zoonomia".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- James Harrison. (1971). Erasmus Darwin's View of Evolution. Journal of the History of Ideas 32 (2): 247–264.
- Christopher Smith; Upham Murray; Robert Arnott, eds. (2005). The Genius of Erasmus Darwin. Ashgate Publishing. ISBN 0-7546-3671-2.