Saltar ao contido

Erasmus Darwin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErasmus Darwin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1731 Editar o valor en Wikidata
Elston Hall, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte18 de abril de 1802 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Breadsall Priory, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt John's College (pt) Traducir (1750–)
Universidade de Edimburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina, botánica, bioloxía e poesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, poeta, fisiólogo, naturalista, escritor, entomólogo, médico escritor, filósofo, médico, botánico, abolicionista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeElizabeth Colyear (1781–)
Mary Howard (1757–) Editar o valor en Wikidata
ParellaMary Parker
Lucy Swift Editar o valor en Wikidata
FillosCharles Darwin
 () Mary Howard
Erasmus Darwin
 () Mary Howard
Elizabeth Darwin
 () Mary Howard
Robert Darwin
 () Mary Howard
William Alvey Darwin
 () Mary Howard
Lucy Swift
 () Lucy Swift
Susanna Parker
 () Mary Parker
Mary Parker
 () Mary Parker
Edward Darwin
 () Elizabeth Colyear
Frances Ann Violetta Galton
 () Elizabeth Colyear
Emma Georgina Elizabeth Darwin
 () Elizabeth Colyear
Francis Sacheverel Darwin
 () Elizabeth Colyear
John Darwin
 () Elizabeth Colyear
Henry Darwin
 () Elizabeth Colyear
Harriet Darwin
 () Elizabeth Colyear Editar o valor en Wikidata
PaisRobert Darwin de Elston Editar o valor en Wikidata  e Elizabeth Hill Editar o valor en Wikidata
IrmánsRobert Waring Darwin
Susanna Darwin
John Darwin
William Alvey Darwin
Ann Darwin
Elizabeth Darwin Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дарвин Эразм)
Dictionary of National Biography
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1301780 WikiTree: Darwin-46 Find a Grave: 66704321 Editar o valor en Wikidata

Erasmus Darwin, nado en Elston o 12 de decembro de 1731 e finado en Breadsall o 18 de abril de 1802, foi un médico e pensador inglés. Foi un dos pensadores clave da Ilustración inglesa, e tamén un filósofo natural, fisiólogo, abolicionista do comercio de escravos,[1] inventor e poeta. Os seus poemas incluían moita historia natural, como o tema da evolución e a relación entre todas as formas de vida. Foi membro da familia Darwin–Wedgwood, da que forman parte os seus netos Charles Darwin e Francis Galton. Darwin foi un membro fundador da Sociedade Lunar de Birmingham, un grupo de discusión de industrialistas pioneiros e filósofos naturais. Rexeitou unha invitación do rei Xurxo III para ser médico do rei.

A Erasmus Darwin House, a súa casa en Lichfield, foi convertida en museo dedicado a el e a súa obra. Unha escola preto de Chasetown convertida en Academia financiada polo estado leva o nome de Erasmus Darwin Academy.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Molde dun busto de pedra de Erasmus Darwin, de W. J. Coffee, c. 1795.
Casa de Darwin en Lichfield, agora un museo dedicado á súa vida e obra.

Erasmus Darwin naceu en Elston Hall, Nottinghamshire preto de Newark-on-Trent, Inglaterra, e foi o máis novo dos sete fillos de Robert Darwin de Elston (1682 – 1754), un avogado, e da súa muller Elizabeth Hill (1702–97). O nome Erasmus xa o levaran varios membros da súa familia e deriva do seu devanceiro Erasmus Earle, Common Sergent de Inglaterra durante o goberno de Oliver Cromwell.[2] Concretamente, chamábanse igual ca el Erasmus Alvey Darwin (1804–1881), neto de Erasmus Darwin e irmá de Charles Darwin, e Erasmus Darwin IV (1881–1915), fillo de Horace Darwin, e neto de Charles Darwin.

Os irmáns de Erasmus Darwin foron:

  • Robert Waring Darwin de Elston (1724 – 1816)
  • Elizabeth Darwin (1725 – 1800)
  • William Alvey Darwin (1726 – 1783)
  • Anne Darwin (1727 – 1813)
  • Susannah Darwin (1729 – 1789)
  • Charles Darwin, párroco de Elston (1730 – 1805)

Foi educado na escola de Chesterfield, e despois no St John's College, Cambridge.[3] Estudou medicina na Escola Médica de Edimburgo. Non se sabe con certeza se Darwin chegou a obter o título de doutor en medicina. Darwin estableceuse en 1756 como médico en Nottingham, pero tivo pouco éxito e mudouse un ano despois a Lichfield para intentar establecerse e practicar a medicina alí. Unhas poucas semanas despois da súa chegada, utilizando un novo tratamento, conseguiu que recuperase a saúde un home cuxa morte parecía inevitable, o que lle deu sona e asegurou o seu éxito na nova localidade. Darwin foi un médico de grande éxito durante máis de cincuenta anos nos Midlands, Inglaterra. O rei Xurxo III propúxolle ser médico real, pero Darwin non aceptou. En Lichfield, Darwin escribiu "poesía didáctica", desenvolveu o seu sistema de evolución, e inventou, entre outras cousas, un mecanismo para dirixir carruaxes, un copiador de manuscritos e unha máquina parlante.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]
A obra do pintor Joseph Wright de Derby, Erasmus Darwin (1770; Birmingham Museum and Art Gallery).

Erasmus Darwin casou dúas veces e tivo 14 fillos, incluíndo dúas fillas ilexítimas cunha empregada, e, posiblemente, polo menos outra filla ilexítima máis.

En 1757 casou con Mary (Polly) Howard (1740–1770). Tivo con ela catro fillos e unha filla, dous dos cales (un fillo e a filla) morreron na infancia:

  • Charles Darwin (1758–1778), tío do naturalista artífice da teoría da evolución por selección natural Charles Darwin.
  • Erasmus Darwin II (1759–1799)
  • Elizabeth Darwin (1763, só viviu 4 meses)
  • Robert Waring Darwin (1766–1848), pai do naturalista e evolucionista Charles Darwin
  • William Alvey Darwin (1767, morreu aos 19 días)

A súa primeira esposa morreu en 1770. Contratou unha institutriz, Mary Parker, para que coidase de Robert. A finais de 1771, Darwin e a súa empregada empezaron a relacionarse intimamente e tiveron dúas fillas ilexítimas:

  • Susanna Parker (1772–1856)
  • Mary Parker Jr (1774–1859)

Susanna e Mary Jr estableceron despois un internado para rapazas. En 1782, a súa nai Mary Parker (a institutriz) casou con Joseph Day (1745–1811), un comerciante de Birmingham e mudouse do lugar.

É posible que Darwin fose pai doutro fillo, esta vez cunha muler casada. Unha muller chamada Lucy Swift deu a luz a unha meniña en 1771, tamén chmada Lucy, que foi bautizada pola súa nai e un tal William Swift, pero hai razóns para pensar que o verdadeiro pai era Darwin.[4] Lucy Jr. casou con John Hardcastle en Derby en 1792 e a súa filla Mary, casou co médico Francis Boott.

En 1775 Darwin coñeceu a Elizabeth Pole, filla de Charles Colyear, 2ª Earl de Portmore, e esposa do coronel Edward Pole (1718–1780); pero como estaba casada, Darwin só puido darlle a coñecer os seus sentimentos por medio de poesías. Porén, cando morreu Edward Pole, Darwin e Elizabeth casaron e mudáronse á casa dela, Radbourne Hall, preto de Derby. En 1782, mudáronse á rúa Full de Derby. Tiveron catro fillos, un dos cales morreu na infancia, e tres fillas:

  • Edward Darwin (1782–1829)
  • Frances Ann Violetta Darwin (1783–1874), casada con Samuel Tertius Galton, foi a nai de Francis Galton
  • Emma Georgina Elizabeth Darwin (1784–1818)
  • Sir Francis Sacheverel Darwin (1786–1859)
  • John Darwin (1787–1818)
  • Henry Darwin (1789–1790), morto na infancia.
  • Harriet Darwin (1790–1825), casada co almirante Thomas James Maling

Darwin morreu repentinamente o 18 de abril de 1802, semanas despois de terse mudado a Breadsall Priory, ao norte de Derby. O seu corpo foi enterrado na Igrexa de todos os Santos de Breadsall. A figura de Erasmus Darwin conmemórase nun dos monólitos da Lunar Society, unha serie de monumentos en Birmingham.

Traballos botánicos e a Sociedade Botánica de Lichfield

[editar | editar a fonte]

Darwin formou a Sociedade Botánica de Lichfield co obxectivo de traducir as obras do botánico sueco Linneo do latín ao inglés, tarefa que lles levou sete anos. A sociedade, malia o seu nome, estaba composta só por tres homes: Erasmus Darwin, Sir Brooke Boothby e John Jackson, supervisor da Catedral de Lichfield (fl. 1740s–1790s). Jackson era tamén libreiro e impresor en Lichfield. Cando Darwin deixou Lichfield en 1781, Jackson encargouse do seu xardín botánico.[5][6] A súa filla, Miss Mary A(nn) Jackson de Lichfield [7] (fl. 1830s–1840s), foi unha ilustradora botánica,[8] e autora de Botanical Terms illustrated (1842) e Pictorial Flora (1840).[9][10] O resultado dos traballos da Sociedade Botánica foron dúas publicacións: A System of Vegetables entre 1783 e 1785, e The Families of Plants en 1787. Nestes volumes, Darwin acuñou moitos dos nomes ingleses de plantas que se usan hoxe.[11]

Darwin despois escribiu The Loves of the Plants, un longo poema, que foi unha representación popular dos traballos de Linneo. Darwin tamén escribiu Economy of Vegetation, e ambos foron publicados xuntos co nome The Botanic Garden. Entre outros escritores aos que el influíu estaban Anna Seward e Maria Jacson.

Zoonomía

[editar | editar a fonte]

O traballo científico máis importante de Darwin foi Zoonomia (1794–1796), que contén un sistema de patoloxía e un capítulo sobre 'Xeración'. Neste último anticipa algunhas das ideas de Jean-Baptiste Lamarck, que anunciaban a moderna teoría da evolución. Os traballos de Erasmus Darwin foron anos despois lidos e comentados polo seu neto o naturalista Charles Darwin. Erasmus Darwin baseou as súas teorías na teoría psicolóxica de David Hartley do asociacionismo.[12] A esencia do seu punto de vista está contido na pasaxe seguinte, na que chega á conclusión de que a vida orgánica se orixinou a partir dun só tipo de filamento vivo inicial:

[Acaso] sería demasiado simple imaxinar que na gran duración do tempo, dado que a Terra empezou a existir, quizais millóns de eras antes do comezo da historia da humanidade, sería demasiado simple imaxinar, que todos os animais de sangue quente se orixinaron a partir dun filamento vivo, que A GRAN PRIMEIRA CAUSA dotou coa animalidade, co poder de adquirir novas partes atendidas con novas propensións, dirixidas por irritacións, sensacións, volicións, e asociacións; e así posuíndo a facultade de continuar a mellorarse pola súa propia inherente actividade, e de transmitir aquelas melloras por xeración á súa posteridade, por sempre xamais? (Ver orixinal:[13])[14]

Erasmus Darwin tamén anticipou idea da selección natural en Zoönomia principalmente cando escribiu sobre os "tres grandes obxectos de desexo" de todo organismo: "luxuria, fame e seguridade."[14] Outra salientble anticipación que aparece en Zoönomia relacionada coa selección natural é a idea de Erasmus sobre o modo en que as especies se autopropagaban. A idea de Erasmus de que "os animais máis fortes e máis activos deberían propagar a especie, a cal debería así quedar mellorada"[14] era case idéntica á futura teoría de supervivencia do máis apto.

Erasmus Darwin estaba familiarizado co pensamento protoevolucionista de James Burnett, Lord Monboddo, e citouno no seu traballo de 1803 Temple of Nature.

Poema sobre a evolución

[editar | editar a fonte]

Erasmus Darwin fixo a primeira insinuación da teoría da evolución nunha pregunta ao final dunha nota a rodapé no seu popular poema The Loves of the Plants (1789), que foi reeditado na década de 1790 varias veces como The Botanic Garden. O seu concepto poético era antropomorfizar os órganos sexuais masculino (estame) e feminino (pistilo) da flor, como un noivo e unha noiva. Nesta estrofa sobre a flor da cúrcuma as "xuventudes" son infértiles, e dedica a nota a rodapé a outros exemplos de órganos asexuados das flores, castas de insectos, e finalmente asocia isto máis amplamente con moitos casos populares ben coñecidos de órganos vestixiais (mamilas dos machos, o segundo par de ás das moscas etc.)

Woo'd with long care, CURCUMA cold and shy
Meets her fond husband with averted eye:
Four beardless youths the obdurate beauty move
With soft attentions of Platonic love.

O longo poema final de Darwin, The Temple of Nature foi publicado postumamente en 1803. O poema titulábase orixinalmente The Origin of Society. É considerado a súa mallor obra poética. Céntrase na súa propia concepción da evolución. O poema traza unha progresión da vida desde os microorganismos á sociedade civilizada. O poema contén unha pasaxe que describe a loita pola existencia.[15]

A miúdo fai referencia tamén aos seus intereses en ciencia; por exemplo a botánica e o motor de vapor.

A súa poesía foi admirada por Wordsworth, aínda que Coleridge foi moi crítico con ela, e escribiu, "Repúgname totalmente o poema de Darwin".[10]

Educación das mulleres

[editar | editar a fonte]

Darwin lamentaba que as mulleres xeralmente non recibisen unha boa educación en Gran Betaña daquela, e organizou os seus pensamentos ao respecto coas ideas de Locke, Rousseau, e Genlis. Referíndose á educación das mozas de clase media, Darwin argumentaba que as novelas de romances amorosos eran inapropiadas e que deberían levar unha vestimenta simple. Mantiña que as mozas deberían ser educadas nas escolas, en vez de privadamente en casa, e aprender materias apropiadas. Estas materias incluían a fisionomía, exercicio físico, botánica, química, mineraloxía, e filosofía experimental. Deberían familiarizarse coas artes e manufacturas visitando sitios como Coalbrookdale, e as cerámicas Wedgwood; deberían aprender como manexar diñeiro, e estudar linguas modernas. A filosofía educativa de Darwin consideraba que os homes e as mulleres deberían ter capacidades, habilidades, esferas e intereses diferentes pero complementarios.[16] No contexto do seu tempo, este programa pode entenderse como unha influencia modernista.

Sociedade Lunar

[editar | editar a fonte]

A Lunar Society (Sociedade Lunar) existiu entre 1765 e 1813 e era un club e sociedade cultivada informal das figuras prominentes da Ilustración dos Midlands ingleses, que se reunían en días de lúa chea. A Lunar Society foi fundamental como forza impulsora intelectual da Revolución Industrial inglesa. Darwin foi membro desa sociedade e tivo amizade con personalidades intelectuais relevantes que eran tamén membros. As datas indican o ano no que Darwin se fixo amigo destas persoas, as cales, á súa vez, se fixeran membros da Sociedade Lunar.[9]

Antes de 1765:

  • Matthew Boulton, orixinalmente un fabricante de fibelas de Birmingham
  • John Whitehurst de Derby, fabricante de reloxios e instrumentos científicos, pioneiro da xeoloxía

Despois de 1765:

Darwin tamén estableceu unha amizade que duraría toda a vida con Benjamin Franklin, que compartía o apoio que daba Darwin ás revolucións francesa e americana.

Os membros da Sociedade Lunar, e especialmente Darwin, opoñíanse ao comercio de escravos. Atacou este comercio en The Botanic Garden (1789–1791), e en The Loves of Plants (1789) e The Economy of Vegetation (1791).

Outras actividades

[editar | editar a fonte]

Ademais de á Sociedade Lunar, Erasmus Darwin pertenceu á influente Sociedade Filosófica de Derby, como tamén o seu irmán político Samuel Fox (ver árbore xenealóxica abaixo). Experimentou co uso de aire e gases para aliviar as infeccións e cancros en pacientes. En Clifton en 1799 estableceuse unha Institución Pneumática para comprobar clinicamente estas ideas. Realizou investigacións sobre a formación das nubes, sobre as cales publicou traballos en 1788. Tamén inspirou o ascensor para barcos de caixón hidráulico estanco do Canal do carbón de Somerset.

Mary Shelley na súa introdución da edición de 1831 de Frankenstein indica que algúns "experimentos do Dr. Darwin" inespecificados eran parte dos temas de discusión vespertina que lle trouxeron a inspiración para crear a súa novela.[17]

Especulacións cosmolóxicas

[editar | editar a fonte]

A literatura contemporánea data as teorías cosmolóxicas do Big Bang e Big Crunch nos séculos XIX e XX. Porén, Erasmus Darwin xa especulara con este tipo de eventos en The Botanic Garden, A Poem in Two Parts: Part 1, The Economy of Vegetation, 1791:

Roll on, ye Stars! exult in youthful prime,
Mark with bright curves the printless steps of Time;
Near and more near your beamy cars approach,
And lessening orbs on lessening orbs encroach; —
Flowers of the sky! ye too to age must yield,
Frail as your silken sisters of the field!
Star after star from Heaven's high arch shall rush,
Suns sink on suns, and systems systems crush,
Headlong, extinct, to one dark center fall,
And Death and Night and Chaos mingle all!
— Till o'er the wreck, emerging from the storm,
Immortal Nature lifts her changeful form,
Mounts from her funeral pyre on wings of flame,
And soars and shines, another and the same.

Darwin foi o inventor de varios aparellos, aínda que non patentou ningún. Cría que iso danaría a súa reputación como doutor, e animou aos seus amigos a patentar as súas propias modificacións dos deseños.[18]

  • Un muíño horizontal, que deseñou para Josiah Wedgwood (que sería o outro avó do naturalista Charles Darwin, ver a árbore xenealóxica de máis abaixo).
  • Unha carruaxe que non envorcaba (1766).
  • Un mecanismo de dirección para a súa carruaxe, coñecido hoxe como xeometría de Ackermann, que sería adoptado polos coches 130 anos despois (1759).[18]
  • Unha máquina parlante (en Clifton en 1799).[19]
  • Un ascensor para barcos en canais pensado para barcazas.
  • Un diminuto paxaro artificial.[18]
  • Unha máquina de copiar textos (1778).
  • Diversos aparellos para monitorizar o tempo atmosférico.
  • Un invento que quedou en esquema foi o dun motor de foguete. En notas súas de 1779, Darwin fixo un esquema dun motor de foguete simple de hidróxeno-oxíxeno, con tanques de gas conectados por tubos e bombas a unha cámara de combustión alongada e boca de expansión, un concepto que non se volvería a ver ata un século despois.

Principais publicacións do autor

[editar | editar a fonte]

Árbore xenealóxica

[editar | editar a fonte]

  1. Graves, Joseph L. The Emperor's New Clothes: Biological Theories of Race at the Millennium. p. 57. Consultado o 18 September 2011. 
  2. Burke's Landed Gentry, Darwin formerly of Downe, 1966
  3. "Darwin, Erasmus (DRWN750E)" Arquivado 22 de xuño de 2017 en Wayback Machine.. A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge.
  4. "Darwin Correspondence Project". 
  5. (Desmond 1994, Jackson, John p. 377)
  6. (Seward 1804, p. 70)
  7. (Britten & Boulger 1889, p. 180)
  8. (Desmond 1994, Jackson, Mary Ann p. 377)
  9. 9,0 9,1 Uglow, Jenny (2002a). The lunar men: five friends whose curiosity changed the world. New York: Farrar, Straus & Giroux. ISBN 978-0-374-19440-6. Retrieved 12 March 2015.
  10. 10,0 10,1 Uglow, Jenny (21 September 2002b). "Sexing the plants". The Guardian. Retrieved 12 March 2015.
  11. George 2014.
  12. Allen, Richard C. 1999. David Hartley on human nature. Albany, N.Y.: SUNY Press. ISBN 0-7914-4233-0
  13. Orixinal: "Would it be too bold to imagine, that in the great length of time, since the earth began to exist, perhaps millions of ages before the commencement of the history of mankind, would it be too bold to imagine, that all warm-blooded animals have arisen from one living filament, which THE GREAT FIRST CAUSE endued with animality, with the power of acquiring new parts, attended with new propensities, directed by irritations, sensations, volitions, and associations; and thus possessing the faculty of continuing to improve by its own inherent activity, and of delivering down those improvements by generation to its posterity, world without end!"
  14. 14,0 14,1 14,2 Erasmus Darwin, Zoonomia: Project Gutenberg text XXIX.4.8
  15. Zirkle, Conway (April 25, 1941). "Natural Selection before the 'Origin of Species'". Proceedings of the American Philosophical Society (Philadelphia, PA: American Philosophical Society) 84 (1): 71–123. ISSN 0003-049X. JSTOR 984852. 
  16. DNB entrada para Erasmus Darwin. Oxford.
  17. Shelley, Mary. "Introduction" Frankenstein (edición de 1831) Gutenberg
    "Moitas e longas eran as conversacións entre Lord Byron e Shelley, das cales eu era unha devota pero case silenciosa oínte. ... Falaban dos experimentos do Dr. Darwin, (eu non falo do que o Doutor realmente facía, ou dicía que facía, senón, máis ao meu propósito, do que se dicía despois que el fixera), que conservara un cacho de fideo nunha campá de cristal, ata que por medios extraordinarios empezou a moverse con movementos voluntarios." [o subliñado é da wikipedia]
  18. 18,0 18,1 18,2 Smith 2005.
  19. "Project Update: The Speaking Machine". Erasmus Darwin House. 9 January 2013. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2015. Consultado o 23 February 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Traballos

[editar | editar a fonte]

Biografías e críticas

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]