Portal:Xabarín Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

rect 0 0 0 0 null desc none</imagemap>

Cabeza de xabarín Benvido ó
Portal do Xabarín Club!

Portal do Xabarín Club

O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG que comezou a emitirse o 18 de abril de 1994. O protagonista do programa é o personaxe animado do "Xabarín", un xabaril antropomorfo deseñado por Miguelanxo Prado e ao cal dá voz Juanillo Esteban. O "Xabarín" realiza a función de presentador do programa, o cal inclúe un club de socios, a emisión de series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia, como Xabarín News ou Os vixilantes do Camiño, a única serie animada de produción galega que emitiu o Xabarín Club. Dende o 2 de febreiro de 2009, é transmitido pola tvG2, e dende decembro de 2016 conta cunha app específica e canle en liña, a Xabarín TV que funciona como unha lista de reprodución cos contidos do programa na páxina web da CRTVG.

No ano 2021, o Xabarín Club chegou á cifra récord de 146 000 socios. Segundo os rexistros históricos do programa, entre 1994 e 2021 arredor dun 30% dos nenos galegos son ou foron socios.

Serie destacada

editar

Shin Chan (en xaponés クレヨンしんちゃん, Crayon Shin-chan) é un manga do debuxante Yoshito Usui e unha serie de animación sobre a vida dun neno de 5 anos extravertido, falangueiro, descarado e moi larpeiro. Malia que o protagonista sexa un cativo, segundo o seu autor, a serie non vai dirixida ó público infantil, senón pola contra a un xuvenil ou mesmo adulto. Non obstante, os nenos son os que máis gozan da serie, quizais polo tópico de que os debuxos son para nenos.

En Galiza, o anime estrouse o 30 de setembro do 2002 emitíndose na canle autonómica TVG dentro do espazo xuvenil Xabarín Club e acadando moito éxito. Porén, Shin-Chan deixou de se emitir no Xabarín Club ó recibir protestas dos pais de que a serie é un mal exemplo para os cativos das casas, polo que se optou por botala fóra dese horario para a botar máis á tardiña. A finais do 2005, tras emitir os primeiros 364 episodios, a TVG non volvería emitir máis capítulos da serie ata o ano 2016 na tvG2.

Categorías

editar

Queres atopar artigos relacionados co Xabarín Club? Proba buscando nas seguintes categorías:

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (1)

Grupo destacado

editar

Killer Barbies foi unha banda de punk rock formada en Vigo por Silvia Superstar (antiga cantante de Aerolíneas Federales) e Billy (antigo batería dos Cafres). Eran coñecidos pola súa estética xenuína tanto en discos como en concertos.

O seu primeiro álbum, Dressed to Kiss, é unha clara homenaxe ao grupo Kiss e o seu disco Dressed to Kill. Na portada aparecen catro bonecas Barbie maquilladas ao estilo da mítica banda estadounidense imitando a portada do celebrado disco. En 1996 rodan a película Killer Barbys (o troco do nome parece que se debe a problemas legais con Mattel) co director de cine Jess Franco, e Radical Fruit escolle a súa canción "Love Killer" para o seu anuncio de promoción nas televisións de toda Europa. O seu maior éxito acadárono en Alemaña e o Xapón.

A banda disolveuse trala ruptura da parella sentimental que formaban Silvia e Billy.

Sabías que...?

editar

  • ...que en marzo de 2019 o Xabarín Club celebrou o seu 25º aniversario cun concerto na Sala Capitol de Santiago?


...Arquivo
Portais relacionados

editar

Outros portais relacionados