¡Uno! é o noveno álbum da banda estadounidense de punk rockGreen Day, publicado o 21 de setembro do 2012 a través do selo Reprise Records. Trátase do primeiro dos tres álbums que conforman a triloxía ¡Uno!, ¡Dos!, ¡Tré!, unha serie de álbums de estudio lanzados entre setembro e decembro do 2012. Green Day gravou o disco dende febreiro[1] ata xuño[2] dese ano nos Jingletown Studios en Oakland (California). Este é o primeiro álbum da banda gravado como cuarteto, xa que o guitarrista de xira Jason White uniuse no estudio para darlle ás gravacións unha sensación máis de directo.[3]
Tras o seu lanzamento, ¡Uno! tivo polo xeral recensións positivas dos críticos musicais. Estreouse no número 2 da lista estadounidense Billboard 200, e vendeu na primeira semana 139.000 copias. O álbum tamén acadou o top 10 nas listas de varios países.