Saltar ao contido

Álvaro de la Iglesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁlvaro de la Iglesia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1859 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte1940 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiFrancisco María de la Iglesia Editar o valor en Wikidata
IrmánsSantiago de la Iglesia Santos
Alfredo de la Iglesia Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1314928 BUSC: iglesia-santos-alvaro-de-la-1859-1928


Álvaro de la Iglesia Santos, nado na Coruña o 5 de abril de 1859 e finado na Habana en 1940, foi un escritor e xornalista galego residente en Cuba. Foi fillo de Francisco María de la Iglesia e sobriño de Antonio María de la Iglesia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Marchou a Cuba en 1874, establecéndose en Matanzas e despois na Habana. Despois da guerra da independencia da illa, nacionalizouse cubano e colaborou en varios periódicos. Asinou as súas obras cos pseudónimos Pedro Madruga, Eligio Aldao y Varela, Artemio, A. L. Baró e Vetusto. El 1898 publicou o folleto Cuba para los cubanos.

Alcanzou unha grande notoriedade grazas ao seus relatos curtos, publicados en periódicos como La Familia Cristiana (1891) (do que foi director), La Región (fundado por el en Matanzas en 1892), La Época, La Discusión, El Mundo, Letras (1899) (dirixida e integramente redactada por el), El Fígaro (onde colaboró entre os anos 1900 e 1913), Chic e El Heraldo de Cuba.

Foi membro da Academia de la Historia de Cuba[1] e membro correspondente da Real Academia Galega.[2]

Iniciou a súa produción narrativa con Una vocación (Síntesis de una novela) (1887). A súa novela Adoración (1884) é considerada como a súa obra mestra. Nela combina elementos típicamente modernistas e románticos coa cultura do Caribe. Outras obras son: Pepe Antonio (1903), La alondra (publicada por entregas en Follas Novas), Tradiciones cubanas (1911), Cuadros viejos (1915) e Cosas de antaño (1916), de tipo costumista.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]