Santiago de la Iglesia Santos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1851 Santiago de Compostela, España |
Morte | 9 de novembro de 1931 (80 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Francisco María de la Iglesia |
Irmáns | Álvaro de la Iglesia Alfredo de la Iglesia |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Santiago de la Iglesia Santos, nado en Santiago de Compostela o 12 de outubro de 1851 e finado en Ferrol o 9 de novembro de 1931,[1] foi un médico e naturalista galego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do mestre e escritor Francisco María de la Iglesia. Ao pouco de nacer a súa familia trasladouse á Coruña onde estudou o bacharelato (1862-1868). Tendo como mestre ao profesor de Historia natural Víctor López Seoane. Fixo a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela que rematou en 1873. Iniciou o traballo de médico na Coruña, traballando co médico Ramón Pérez Costales. En 1874 exerceu de médico en Serantes (actualmente parte do concello de Ferrol). Fixo o doutoramento en Santiago. En Ferrol, xunto á consulta, impartiu clases de física e química no colexio particular do que era titular o seu irmán Alfredo e na Escola de Artes e Oficios. Foi redactor do Diario Ferrolano. Sucedeu a Francisco Suárez na xefatura republicana en Ferrol. Foi deputado a Cortes polo Partido Republicano, tenente de alcalde, masón, impulsor do Centro Obrero de Cultura e presidente da sección de Ciencias do Ateneo Ferrolán. En 1914 accedeu á dirección do Laboratorio municipal de Ferrol e deixou de exercer a medicina.
Doou a súa biblioteca á Universidade de Santiago de Compostela e a súa colección arqueolóxica: vasos campaniformes, torques, machados de bronce, puntas de frecha de cobre etc. Foi o primeiro en atopar un vaso campaniforme en Galicia nunha escavación nas Pontes de García Rodríguez.
Foi membro da Sociedade Española de Historia Natural.[3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A cidade da Coruña ten unha rúa co seu nome, que mantivo durante o franquismo.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Os seus irmáns Álvaro e Alfredo foron escritores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo Gallego, 10-11-1931, p. 1.
- ↑ Xosé A. Fraga Vázquez. "Santiago de la Iglesia Santos. Un médico republicano afeccionado ás Ciencias Naturais".
- ↑ "Santiago de la Iglesia Santos, médico, masón e republicano".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Iglesia Santos, Santiago de la". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 237.