Alfredo de la Iglesia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1861 A Coruña, España |
Morte | 17 de maio de 1933 (71 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | catedrático |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Francisco María de la Iglesia |
Irmáns | Santiago de la Iglesia Santos Álvaro de la Iglesia |
Eugenio Alfredo de la Iglesia Santos, nado na Coruña o 18 de outubro de 1861 e finado na mesma cidade o 17 de maio de 1933, foi un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco María de la Iglesia. Cursou o bacharelato no Instituto da Coruña, e obtivo o título de mestre de instrución primaria nese instituto. Exerceu de mestre na escola do seu pai de 1879 a 1886. A partir dese ano foi director dun colexio de Ferrol adscrito ao Instituto da Coruña. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Central de Madrid (1900), en 1917 foi nomeado catedrático de Lingua e literatura castelá no Instituto das Palmas de Gran Canaria e despois pasou ao Instituto de Pontevedra, onde se xubilou en 1931.
Escribiu en 1919 un manual escolar (considerado o primeiro manual escolar sobre literatura galega)[1] titulado Resumen de la Historia de la literatura gallega, que non chegou a publicar.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- Compendio de lexicologia francesa acomodado á un programa para examen de primer año, 1905, Ferrol.[3]
- Gramática de la lengua española, 1917, Ferrol, Imp. y Est. de El Correo Gallego.[3]
- Resumen de Historia de la Literatura Gallega, inédito.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cen anos do primeiro manual escolar de literatura galega, RAG, 27 de setembro de 2019.
- ↑ Salgado, Daniel. "1919: o primeiro 'libro de texto' sobre literatura galega". Sermos Galiza (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-07.
- ↑ 3,0 3,1 Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 237.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfredo de la Iglesia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alonso Montero, Xesús (2017). "Da vida e da obra dun descoñecido e sorprendente intelectual galego". Grial (Galaxia) LV (216): 98–103.
- ——— (2018). Alfredo de la Iglesia: O intelectual, o educador e o autor do primeiro manual de Literatura Galega para escolares de Instituto (1919). RAG. ISBN 978-8494782350.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arquivo da Real Academia Galega Arquivo Dixital de Galicia.