Ángel Jorge Echeverri
Ángel Jorge Echeverri, nado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1904 e finado na mesma cidade o 28 de xuño de 1984, foi un médico e profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Acadou o Premio Extraordinario de licenciatura e o Premio Fernández Carril ao mellor expediente académico. Ampliou estudos no Hospital Provincial de Madrid, en Bruxelas, París e Porto, onde traballou no campo da embrioloxía e o sistema vascular linfático. En 1934 ampliou estudos de Traumatoloxía en Italia.
En 1929 gañou en oposición a praza de profesor adxunto da cátedra de Anatomía Descritiva e Topográfica e Técnica Anatómica da USC, e seis anos despois conseguiu dita cátedra. En 1931 doutorouse en Madrid coa tese Variedades del aparato renal superior. En 1932 foi nomeado médico do Hospital Provincial de Santiago de Compostela. Tras a súa xubilación deu clase de Historia da Medicina.
Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1960 e 1968. En 1947 ingresou como académico de número na Real Academia de Medicina de Galicia, co discurso Aspectos anatomofisiológicos del neopallium del cerebro humano.
Foi irmán de Agustín Jorge Echeverri, médico e alcalde republicano de Cangas, fusilado en setembro de 1936.
Obra
[editar | editar a fonte]- "Estudio anatómico sobre los vasos linfáticos de los músculos masticadores”, en Boletín de la Universidad de Santiago de Compostela (BUSC), 18 (1933), páx. 87-81.
- “Linfáticos profundos del riñón”, en VV. AA., Actas de las Jornadas Médicas Galaico-Portuguesas (Orense, 1935), Ourense, Imprenta Encuadernación y Papelería La Industrial, 1936, páxs. 250- 254;
- Medicina y arte, Universidade de Santiago de Compostela, 1942
- “Estudio de los ganglios linfáticos de articulación sacroilíaca”, en Archivos de Anatomía (1943)
- “La anatomía y los monstruos humanos”, en BUSC, nº 45-46 (1945), páx. 283- 299
- “Un Capítulo de las ciáticas vertebrales: las del génesis discal”, en BUSC, nº. 53-54 (1949), páxs. 3-46;
- “La Anatomía radiográfica de la articulación de la cadera”, en BUSC, 70 (1962), páxs. 329-351 (con Héctor Fraga García).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- VV. AA., Sesión necrológica en memoria del Excmo. y Mgfco. Sr. D. Ángel Jorge Echeverri, Universidade de Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1984.
- Jorge Barreiro, F. J. (1998): “Biografía del profesor Ángel Jorge Echeverri”, en Boletín Informativo de la Sociedad Gallega de Cirugía Ortopédica y Traumatología, 3, páxs. 2-3.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Luis Legaz Lacambra |
Reitor da Univ. de Santiago 1960 - 1968 |
Sucesor: Manuel García Garrido |
- Nados en Santiago de Compostela
- Nados en 1904
- Finados en 1984
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Profesores da Universidade de Santiago de Compostela
- Reitores da Universidade de Santiago de Compostela
- Médicos de Santiago de Compostela
- Membros da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia