Saltar ao contido

Ángel López Ruano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁngel López Ruano
Nome orixinal(es) Ángel Domingo López Ruano Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso71 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Malpartida de Corneja (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Número deportivo6 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
UD Las Palmas
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1998–2000   UD Las Palmas Atlético
2000–2003   UD Las Palmas 81(1)
2003–2007   Celta de Vigo 159(6)
2007–2012   Villarreal Club de Fútbol 104(2)
2012–2013   Real Betis Balompié 11(1)
2013–2016   UD Las Palmas 71(2)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2003   España sub-21 14(0)
2006–2008   España 5(0)

UEFA: 63460 Editar o valor en Wikidata

Ángel Domingo López Ruano, coñecido como Ángel, nado nas Palmas de Gran Canaria o 10 de marzo de 1981, é un exfutbolista español, que xogaba de defensa ou centrocampista. Foi internacional coa selección española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de xogar nas categorías inferiores e nos equipos B e A do UD Las Palmas, Ángel chega ao Celta no mercado de inverno da tempada 2002-03, con Miguel Ángel Lotina no banquiño celeste. Esa tempada acabou disputando 15 partidos. O seu debut produciuse un 9 de febreiro de 2003, contra o Mallorca, nun encontro que o Celta gañou 0-2. Ángel xogara de titular como interior dereito.

Custoulle ter un sitio no equipo e convencer a afección. Foi con Fernando Vázquez en Segunda División cando se fixo un imprescindible no once titular. O adestrador xa o coñecía do seu paso polo Las Palmas. Tiña contrato co Celta ata o ano 2012, pero no 2007 marchou ao Villarreal.

O adestrador da selección española Luis Aragonés cconvocouno por primeira vez o 10 de novembro de 2006. O seu debut como internacional tivo lugar o 16 de novembro de 2006 no amigábel España-Romanía (0-1), onde xogou de titular durante 73 minutos. Repetiu o 7 de febreiro de 2007 ante Inglaterra, onde xogou 45 minutos. O seu debut en partido oficial foi o 24 de marzo de 2007, cando foi titular no España-Dinamarca (2-1), nun partido de clasificación para a Eurocopa de fútbol 2008, e onde recibiu un cartón amarelo.

Características

[editar | editar a fonte]

Aínda que comezou como mediocentro, reconverteuse a lateral dereito (con Fernando Vázquez), posición na que xogou varias tempadas. Tecnicamente bo, posuía unha boa condición física.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Real Club Celta de Vigo - Tempada 2006-07

Esteban | Lucas | Lequi | Oubiña | Areias | Núñez | Ángel | Guayre | Bamogo | Gustavo López | Tamas | Placente | Pinto | J. Perera | Contreras | Paulo García | Baiano | Yago | Iónatan Aspas | Jorge | De Ridder | Nené | Canobbio | Iriney