Ánxela Gracián
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Ánxela Rodríguez Rodríguez 1 de marzo de 1968 (56 anos) Arcos, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora, animadora, crítica literaria |
Pseudónimo literario | Ánxela Gracián |
Premios | |
Ánxela Rodríguez Rodríguez, nada en San Paio de Arcos (Castroverde) o 1 de marzo de 1968, é unha escritora galega, máis coñecida polo pseudónimo[1] de Ánxela Gracián.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É unha licenciada en filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, escritora, tradutora, editora, crítica literaria e dinamizadora cultural. Autora de literatura infantil e xuvenil, traduciu Memorias de Hadrián de Marguerite Yourcenar e a diversos autores de literatura infantil ao galego. Desde 1996 traballou no Servizo de Tradución da Xunta de Galicia.[2]
De 2004 a 2013 desenvolveu o seu traballo en Sotelo Blanco Edicións dirixindo as coleccións Docexvintedous, Medusa Narrativa, Medusa Ensaio, Arlequín Teatro e Biblioteca Roberto Vidal Bolaño.
Tamén foi vicepresidenta da Asociación Galega de Literatura Infantil e Juvenil (Gálix), coordinando actividades como o Club de Lectura “Gálix tendendo redes”, que trazou unha panóramica sobre a literatura xuvenil.
Ademais foi a encargada de representar a Revista Fadamorgana na selección anual que levaba a cabo a Red de Selección de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez para elaborar un Catálogo Anual dos 100 Mellores Libros de literatura infantil e xuvenil[3].
En 2018 gañou o XV premio Pura e Dora Vázquez de narración da Deputación de Ourense.
Obra
[editar | editar a fonte]Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Cos petos cheos de cinza (1998). A Coruña: Everest-Galicia. 120 páxs. ISBN 9788440303899.
- As bolboretas douradas (1999). Santiago: Sotelo Blanco. 112 páxs. ISBN 9788478243426.
- Eu tamén fun peliqueiro de Laza (2000). A Coruña: Everest. 200 páxs. ISBN 9788440304193. Ilustracións de Luís Rodríguez Arias.
- Chis chisgarabís (2004). Vigo: Tambre Edelvives. 128 páxs. ISBN 84-263-5185-9. Ilustracións de Xulia Barros Barros.[4]
- A toupiña cegarata (2005). Vigo: Galaxia, col. Árbore. 194 páxs. ISBN 978-84-8288-789-0.
- Aniceta, la topita ciega (2020). Editorial la Fragua del Trovador. ISBN 978-84-17395-17-9. Ilustracións de Christian Villamide.
- Camiño solitario (os duros) (2006). Vigo: Galaxia. 16 páxs. ISBN 978-84-8288-958-0.
- Nun lugar chamado laberinto (2006). Editorial Tambre Edelvives, col. Ala Delta, serie azul. (White Ravens)
- Todo marcha sobre rodas. Caderno de comprensión lectora (2007). SM. 32 páxs. ISBN 978-84-9854-013-0.
- Valdemuller. Caderno de comprensión lectora (2008). SM. 53 páxs. ISBN 978-84-9854-055-0.
- Xoaniña rei-rei, cando casarei (2009). Santiago: Sotelo Blanco. 78 páxs. ISBN 978-84-7824-644-1. Ilustracións de Daniel Díaz.
- Pinga de choiva (2009). Vigo: Xerais. 40 páxs. ISBN 978-84-9782-976-2. Ilustracións de Daniel Díaz.
- Carrapeto (2009). Ed. Macmilan Heinemann. 48 páxs. ISBN 9788479424329. Ilustracións de Juan Berrio Martín-Retortillo.
- Carapuchiña en rose (2010). A Coruña: Everest Galicia. ISBN 978-84-403-1140-5. Ilustracións de Manuel C.
- Gambó e a viaxe á lagoa (2017). Silleda: Ed. Fervenza. 42 páxs. ISBN 978-84-17094-01-0. lustracións de Christian Villamide.
- Gambó e o medo á escuridade (2017). Silleda: Ed. Fervenza. 42 páxs. ISBN 978-84-17094-00-3. lustracións de Christian Villamide.
- As palabras do silencio (2013). Vigo: Xerais. 56 páxs. ISBN 978-8499144900. Ilustracións de Dani Padrón.
- Doce cartas a María Victoria Moreno (2018). A Coruña: Hércules de Ediciones, ISBN 978-84-947770-6-6.
- As voces da auga (2019). A Coruña: Baía Editorial, 184 páxs.[5][6] ISBN 9788499953007.
- Historias da Ogra Pinta (2019). Libros del Jata. 112 páxs. ISBN 978-84-16443-19-2.
- Donas de nós (2022). A Coruña: Baía Ed. 92 páxs. ISBN 9788499954066. Ilustración de Laura Romero.
Poesía
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]- Donas de nós (2022). Baía Ed. 92 páxs. ISBN 978-84-9995-406-6.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Memorias de Hadrián, de Marguerite Yourcenar (1999). Positivas.
- Ciclo bis, de David Durán (2000). Sotelo Branco.
- O trasno da catedral de Santiago, de Luisa Villar Liébana (2003). Editorial Edelvives.
- As fontes do destino, de Blanca Álvarez (2003). Editorial Tambre-Edelvives.
- O mundo de papá, de Elvire Murail (2004). Editorial Tambre-Edelvives.
- A illa misteriosa, de Jules Verne (2007). Bivir.com. Publicada tamén en formato de libro en 2014 por Xerais.
- O home que plantaba árbores, de Jean Giono (2009). Galaxia.
- Miguel Strogoff, de Jules Verne (2012). Baía.
- Cleopatra. Raíña do Nilo, de Marie de Prémonville (2013). Baía.
- Oliver Twist, de Juliette Saumande (2013). Baía.
- A infancia dun xefe, de Jean-Paul Sartre (2014). Hugin e Munin.
- As viaxes fantásticas de Jules Verne (2015). Baía.
Do galego ao castelán
[editar | editar a fonte]- La estrella de siete puntas, de Xosé Neira Cruz.
- La sombra descalza, de An Alfaya.
- La vaca titiritera, de Concha Blanco.
- El brindo de oro, de Xesús Marcos.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Longa lingua (2002). Editorial Galaxia.
- Narradoras (2002). Xerais.
- Ogra pinta, en Contos de ogras, aventuras, baladas e piratas (2006). Xunta de Galicia.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico).
Outras obras
[editar | editar a fonte]- Caderno Pedagóxico As actas escuras. Centro Dramático Galego (2010). Sobre a obra de teatro As actas escuras.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de Investigación Xohana Torres 1995, Concello de Santiago.
- VII Premio de Tradución Plácido Castro en 2007 por A illa misteriosa de Jules Verne.[8]
- Premio Pura e Dora Vázquez de narración 2018.
- VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2018 (ex aequo).[9]
- X Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022, por Donas de nós.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: a". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Ánxela Gracián Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Diario Crítico, Jornadas de Literatura Gallega". Consultado o 12/04/2018.
- ↑ "Chis chisgarabís Tambre-Grupo-Editorial Luis Vives LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-08-09.
- ↑ Nicolás, Ramón (2019-07-23). "As voces da auga, de Ánxela Gracián". Caderno da crítica. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "Elos de lectura". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ Nicolás, Ramón (2013-12-27). "Paisaxes de pan, de Ánxela Gracián". Caderno da crítica. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Entrega do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil – Editorial". Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Ánxela Gracián acada o Premio Meiga Moira 2022". Consultado o 2022-08-09.